Pedregal de Irimia
lugar en Meira (Lugo) onde nace o río Miño
O Pedregal de Irimia é o lugar onde nace o río Miño. Está na serra de Meira, a escasos quilómetros da vila de Meira.
Tipo | localización xeográfica ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Meira, España ![]() | |||
Localización | serra de Meira ![]() | |||
| ||||

O lugar de nacemento é disputado por dous concellos: Meira defende o nacemento no Pedregal e A Pastoriza na lagoa de Fonmiñá. Porén, e de forma especial nos últimos anos, o Pedregal de Irimia é considerada a fonte primaria do Miño[1]. No Pedregal realizouse a primeira Romaxe de Crentes Galegos organizada pola Asociación Irimia.
Hoxe en día atópase ameazado por plantacións de eucalipto que chegan case ata o propio pedregal [2]
Notas
editar- ↑ Unidade 1 do CELGA4 Arquivado 21 de agosto de 2010 en Wayback Machine..
Consultado o 9 de xullo de 2010Irimia. Nome tomado dun topónimo, o Pedregal de Irimia (Meira, Lugo), é de etimoloxía incerta. É un antigo glaciar que dará orixe ás primeiras augas do río Miño.
- ↑ "Adega exige una mayor protección en el Pedregal de Irimia" El Progreso
Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |