Riotorto

concello da comarca de Meira, na provincia de Lugo

Riotorto é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.364 habitantes (1.634 no 2006, 1.669 no 2005, 1.726 no 2004, 1.762 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «riotortego» ou «riotortense»[8].

Riotorto
Escudo de Riotorto
Casa do concello.
Situación
Xentilicio[1]riotortego/riotortega
riotortense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Meira
Poboación1.187 hab. (2022)[2][3]
Área66,3 km²[3]
Densidade17,9 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias[4]
Capital do concelloAs Rodrigas
Política (2023 [5])
AlcaldeClemente Iglesias González (PPdeG[6])
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 6

Eleccións municipais en Riotorto
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes91,67%
Na rede
www.concelloderiotorto.gal
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

O concello limita ao norte con Mondoñedo e Lourenzá, ao sur con Meira, ao leste con Trabada e A Pontenova, e ao oeste coa Pastoriza. Pertence ao arciprestado de Miranda, da diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Historia editar

Atopáronse restos fósiles do xurásico en diversos sitios. Os primeiros asentamentos humanos proceden da tribo dos albións, que se asentaron en torno ao río Eo, dominando até o río Navia.

Do período castrexo consérvase o castro da Coroa ou Croa, do que se conservan restos de muros e defensas. Nel atopouse o brazal de Riotorto, conservado no Museo Provincial de Lugo. É unha peza con enroscamento para axeitalo como enfeite de brazo datado entre os séculos III e I a. C.. Pesa 111,5 g, e ten un diámetro de 8,9 cm.

Logo da romanización, a zona estivo vencellada á diocese de Britonia. Nos séculos IX, X e XI, penetraron os godos, fuxidos dos musulmáns, ocupando as terras ermas. Desta época consérvase unha pía bautismal na igrexa da Órrea, onde se emprazaba o mosteiro de Santa Comba de Órrea.

Durante a Idade Media a zona pertenceu á diocese de Mondoñedo e ao mosteiro de Meira. Consérvanse restos de tallas do século XII, como a Virxe románica da capela de San Bernabé e San Roque, en Espasande de Arriba, Santa Marta de Meilán), a de San Pedro da capela de San Pedro de Folgueirúa (Galegos), e século XIII, como a de Santa Ana da capela do Vilar de Santiago (A Muxueira). Pola parroquia de Órrea pasaba o camiño de Santiago procedente de Asturias.

Riotorto foi curato de presentación real ordinaria, pertencente á antiga Vigairía de Miranda. En xaneiro de 1203 Afonso IX dirimiu nun conflito entre o bispo de Mondoñedo e os fillos de Fernando Velaz polos coutos de Riotorto, Canedo e Vilameá. San Xillao de Ferreiravella aparece citado no testamento do bispo Martín de Mondoñedo, que gobernou a diocese entre 1219 e 1248.

En 1240 o abade Heimerico do convento de Meira concedeu a cen homes as herdades de Vilanova de Archai e de Albare para as poboaren, lindantes con varios lugares de Riotorto. O mosteiro de Meira tivo propiedades no concello entre os séculos XII e XVI. Os enfrontamentos do mosteiro e o bispo de Mondoñedo provocaron o saqueo das terras de Aldurfe, así como a destrución das súas colleitas e o ataque aos seus homes polos servos e vasalos do bispo.

No século XV o mosteiro da Órrea era coñecido coma o mosteiro de Donas, ó estar ocupado por monxas. O seu couto correspondía practicamente coas parroquias da Órrea e Galegos. As monxas cantaban na misa dos domingos, e segundo un documento de 1407 tiñan no convento dous cálices de prata e outro de chumbo. Os veciños, colonos e aforados, pagaban renda ao mosteiro.

Un documento de aforamento indica que en Galegos había un hospital.

Nos séculos XVI e XVII houbo fábricas de mazos e ferrerías, coa conseguinte actividade mineira, aparecendo contratos de saca de vea.

No século XVII introduciuse o cultivo do millo e da pataca na provincia de Mondoñedo, substituíndo a anterior agricultura pobre de centeo e nabos. No século XVIII, aínda no antigo réxime, con presenza de foros, había algúns fidalgos, destacando en Santa Marta de Meilán Pedro Trilles.

Poboación editar

Censo total 1.364 (2015)
Menores de 15 anos 87 (6.38 %)
Entre 15 e 64 anos 715 (52.42 %)
Maiores de 65 anos 562 (41.2 %)

Galería de imaxes editar

Artigo principal: Galería de imaxes de Riotorto.

Lugares de Riotorto editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Riotorto vexa: Lugares de Riotorto.

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Riotorto

Aldurfe (San Pedro) | Espasande de Baixo (Santa María) | Ferreiravella (San Xillao) | Galegos (Santa María) | A Muxueira (San Lourenzo) | A Órrea (Santa Comba) | Riotorto (San Pedro) | Santa Marta de Meilán (Santa Marta)

Notas editar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Riotorto".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 59. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.