Luaces, Pol
Santa María de Luaces é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2019 tiña 68 habitantes, deles 35 eran homes e 33 eran mulleres, o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 102 habitantes.
Luaces | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Luaces. | |
Concello | Pol[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°07′30″N 7°20′10″O / 43.1251, -7.3361Coordenadas: 43°07′30″N 7°20′10″O / 43.1251, -7.3361 |
Área | 6,6 km² |
Poboación | 69 hab. (2020) |
Densidade | 10,45 hab./km² |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarNo século XIII o rei Afonso X o Sabio concedeu unha carta de poboamento aos habitantes de Luaces, que se asentaron en Valonga. As terras de Luaces, que pertenceran á casa de Lemos, pasaron en 1514 aos Altamira, ao compralas Álvaro Osorio de Moscoso para o seu sobriño, o IV Conde de Altamira.
No século XIX, coa creación dos primeiros concellos formouse o de Luaces, pero en 1835 creouse o actual de Pol, e o seu territorio foi integrado nel.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Luaces, Pol.
-
Vista da parroquia.
Lugares e parroquias
editarLugares de Luaces
editarLugares da parroquia de Luaces no concello de Pol (Lugo) | |
---|---|
Luaces | Nixela | O Outeiro | O Porto da Valiña | Pousadela | Ribadauga | Sarille | Subarreiro | Trasín | A Valiña | Vilar do Infante |