Castelo de Castroverde
O castelo de Castroverde[1] é unha fortaleza situada no concello de Castroverde. A antiga construción do século XIV, pertenceu a Álvaro Pérez Osorio, duque de Aguiar e conde de Villalobos por doazón de Henrique II de Castela. Un século máis tarde apoderouse do castelo Sancho Sánchez de Ulloa, conde de Monterrei, e trala súa morte herdouno a súa curmá Isabel de Castro. Xa no século XVI, Lope Osorio de Moscoso, da casa de Altamira, mercou o castelo, a vila e mailas terras. Actualmente é propiedade privada.
Castelo de Castroverde | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | monumento e castelo ![]() | |||
Parte de | Camiño Primitivo ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Castroverde | |||
Parroquia | Vilariño ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 17 de outubro de 1994 | |||
Identificador | RI-51-0008885 | |||
| ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | ? | |||
[ Wikidata ] |
Deste antigo castelo, só quedan en pé as ruínas da antiga muralla, e a torre da homenaxe con planta rectangular de 12 por 10 metros, con 20 metros de altura en cinco andares con muros graníticos de 2 metros de espesor.
Situada no cumio dun outeiro sobre a que se levanta a vila, sobre as ruínas dun antigo castro. Destacan no lado norte, a porta de entrada con lintel semicircular, adornado coa figura en relevo dun guerreiro (gaiteiro?). Na cara oeste, ventá con arco e tímpano e escudo de seis roeles. No lateral sur, unha ventá con dobre seteira, en arco.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes do castelo de Castroverde.
Notas
editar- ↑
- Castelo de Castroverde na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Boga Moscoso, Ramón (2003). Guía dos castelos medievais de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-9782-035-5.