Río Támoga

afluente do Miño

O río Támoga, no seu comezo chamado Santa Baia, é un afluente do río Miño que discorre pola provincia de Lugo.[1]

Río Támoga
Río Támoga en Sistallo, Cospeito
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoFontemuín (Abadín)
Monte Monseibán, Serra do Xistral [1][2][3]
Altitude476 m
DesembocaduraRío Miño [1]
Altitude desembocadura386 m
Cadea fluvialRío Támoga,
Río Miño
Conca do río Miño no territorio galego

Localización e características

editar

Nace na serra do Xistral, transcorre polos concellos chairegos de Abadín e Cospeito, onde co seu afluente, o río Guisande, enche a lagoa de Cospeito, unha das zonas húmidas máis importantes de Galicia.[4] Na súa xuntanza co río Miño, xunto á parroquia de San Xiao de Támoga, forma a insua de San Roque, no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito. A área da súa bacía é de 233 km²[5].

Toponimia

editar

O topónimo Támoga é de orixe prerromana, dunha raíz indoeuropea *tam-[6] 'de cor escura', que aparece noutros hidrónimos galegos como Tambre, Tamuxe ou Támega e noutros países europeos, como o inglés Támese (Thames).[7]

  1. 1,0 1,1 1,2 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°20'50.8"N 7°33'03.9"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019. 
  2. Cañada, Silverio, ed. (2003). "Anllo". Gran Enciclopedia Galega 41. El Progreso - Diario de Pontevedra. p. 208. ISBN 84-87804-43-8. 
  3. Núñez Pérez, Manuel; Leiro Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 40. ISBN 978-84-8341-136-0. 
  4. [1]
  5. Área do río Támoga Arquivado 23 de setembro de 2009 en Wayback Machine. (en portugués)
  6. Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega. p. 86-87. ISBN 978-84-947823-2-9. 
  7. "Oia". Portal das Palabras. Real Academia Galega. 31 de xullo de 2019. 



 
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.