Aguaneiro
O aguaneiro ou aguaneira[Cómpre referencia] tamén chamado rato do almiscre, toupa de río e toupeira da auga,[2] (Galemys pyrenaicus) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Talpidae que habita nas zonas montañosas do norte da Península Ibérica e sur de Francia. É un insectívoro semiacuático que habita as proximidades de regatos e torrentes, de hábitos principalmente nocturnos, cuxa signo de identidade máis característico é o seu fociño con forma de trompeta.
Aguaneiro | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Galemys pyrenaicus (É. Geoffroy, 1811) | |||||||||||||||||||
Distribución Galemys pirenaicus
|
Características
editarA aguaneira aseméllase anatomicamente a outros animais como a rata, a toupa ou o furafollas. De aí lle veñen os sobrenomes de rata de auga, toupa de auga etc.
As patas traseiras lembran as da rata; son robustas e áxiles, e úsaas para moverse axiña pola auga. A parte dianteira do corpo é semellante á dunha toupa; as patas dianteiras están adaptadas para escarvar buracos e facer tobeiras onde criar a súa prole e poñerse a salvo dos seus predadores. O fociño é semellante ao do furafollas, cunha trompa moi desenvolvida que lle serve para atopar as larvas das que se alimenta. É un órgano moi perfeccionado, indispensable para a súa supervivencia, e posúe unha glándula de almiscre no arranque caudal.
Historia natural
editarÉ un animal moi discreto, polo non é doado de ver. Nútrese principalmente de larvas acuáticas sensibles á polución (larvas de tricópteros, plecópteros e efemerópteros) e de crustáceos. Por esta razón é considerado como un indicador da limpeza e a saúde das augas nas que habita. É unha das 79 especies catalogadas como vulnerables pola World Conservation Monitoring Centre.[1][3]
Distribución
editarA toupa de río vive en regatos e lagos do norte da Península Ibérica; norte de Portugal, Galicia, Montes Cantábricos, Pireneos e en determinadas zonas do Sistema Central. Habita tamén nos Pireneos franceses.[1]
Comportamento
editarSon animais bastante territoriais, que forman parellas estables que controlan territorios de entre 200 e 400 metros de canle. Para obter as súas presas suxéitanse ao fondo do curso acuático coas fortes unllas de pés e mans, mentres escarva co fociño entre os pelouros do fondo do río.[4] O seu período de celo dáse entre os meses de novembro e maio, e as femias paren dúas veces ao ano, con camadas de 1 a 5 crías por parto.[5]
Ameazas
editarO hábitat do aguaneiro é moi vulnerable; as principais ameazas son a contaminación da auga e a fragmentación do seu hábitat debido á construción de centrais hidroeléctricas e encoros, e a extracción de auga. Nalgunhas zonas é perseguido pola errónea crenza de que é daniño para a pesca. A introdución dos visóns americanos (Neovison vison) en Galicia influíu negativamente nas súas poboacións.[1]
Subespecies
editarCoñécense dúas subespecies de toupa de río.[6]
- Galemys pyrenaicus pyrenaicus: É máis pequena, e habita na franxa cantábrica.
- Galemys pyrenaicus rufulus: Habita nos Pireneos.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Insectivore Specialist Group (1996). Galemys pyrenaicus. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 11 de maio de 2006. Listado coma Vulnerable (VU B1+2c v2.3)
- ↑ Rey, Manuel. Gciencia, ed. "A toupa de río loita pola súa supervivencia". Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ Desmán ibérico na web Vertebrados Ibéricos
- ↑ Mamíferos de España, de Fco. J. Purroy y Juan M. Varela, Pág. 26. ISBN 84-87334-97-0
- ↑ Galemys pyrenaicus en Fauna Ibérica
- ↑ "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2010. Consultado o 19 de xullo de 2009.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aguaneiro |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aguaneiro |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de aguaneiro |