Illán, Begonte
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Santiago de Illán é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 133 habitantes (67 mulleres e 66 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 128 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 114 habitantes, sendo 56 homes e 58 mulleres.
Illán | |
---|---|
![]() Igrexa de Santiago de Illán. | |
Concello | Begonte[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°10′03″N 7°40′48″O / 43.16754333, -7.67999666Coordenadas: 43°10′03″N 7°40′48″O / 43.16754333, -7.67999666 |
Poboación | 110 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
A parroquia de Illán está situado á beira oeste do río Ladra, nunha zona con relevo irregular de monte, regatos e lagoas naturais pertencente ó espazo natural das zonas húmidas da Terra Chá (Parga-Ladra-Támoga), cunha superficie de 5.000 hectáreas. Neste espazo hai especies comúns da fauna galega como pequenos roedores ou corzos, así como aves fluviais migratorias (garzas, parrulos, lavercas) nas lagoas de Riocaldo e no curso do río Ladra.
PatrimonioEditar
Na contorna destas zonas húmidas atópanse vestixios da cultura megalítica, como os dolmens ou medorras ao pé das masas rochosas do Peno Castelo e Peno Maior. A igrexa parroquial, renovada no seu interior, conserva un singular artesoado de madeira de máis de mediados do século XX realizado polos artesáns carpinteiros da aldea. A estrutura e exterior son típicas nestas construcións relixiosas de finais do século XIX.
Consérvase unha mina de principios do século XX.
EconomíaEditar
A base económica está cambiando dunha economía agrícola e gandeira a outra de servizos, emigración e emprego por fóra, aínda que sen deixar os labores tradicionais do campo. Como en case todas partes estes cambios socioeconómicos melloran moitos aspectos como o emprego, pero infelizmente os servizos públicos se desenvolven mais amodiño.
Algunhas das novas industrias na zona provocan riscos medioambientais, como unha explotación de transformación de pedra, unha canteira de seixo a carón das Lagoas de Riocaldo e unha fábrica de biodiesel no polígono industrial de Begonte. Este polígono, que ocupa algúns terreos da parroquia, ten acceso directo á autovía A-6, permitindo chegar en 15 minutos a Lugo.
FestasEditar
As festaas parroquiais celébranse o 25 de xullo, festividade de Santiago o Maior coincidindo co Día Nacional de Galicia. Outras celebracións do ano fanse no lume novo, natal, ou magosto.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de IllánEditar
Lugares da parroquia de Illán no concello de Begonte (Lugo) | |
---|---|
A Aldea | Barreiro | O Canavello | Currillo | Fontela | Illán de Abaixo | Illán de Arriba | Lamas | Riocaldo | A Torre |
Parroquias de BegonteEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Martínez Lema, Paulo (2019). Toponimia de Begonte e Rábade (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-2-9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de abril de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019.