Ardeidos

familia de aves
(Redirección desde «Garza»)

Os ardeidos[1] (Ardeidae) son unha familia de aves Pelecaniformes[2][3] que inclúe máis de 60 especies, cuxos membros máis coñecidos son as garzas (tamén comprende os abetouros e gazotas).[4] Os ardeidos hai quen os clasifica dentro da orde Ciconiiformes.

Ardeidos

Garza branca (Egretta thula)
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Neoaves
Orde: Pelecaniformes
Familia: Ardeidae
Leach, 1820
Distribución mundial das garzas.
Distribución mundial das garzas.

Distribución mundial das garzas.
Xéneros
Arredor de 19 (véxase o texto)
Sinonimia

Cochlearidae

Son aves patilongas, e algunhas especies chegan a medir até 85 cm de alto. Xeralmente a súa plumaxe é branca, o seu peteiro amarelo e as súas longas patas grises, aínda que a plumaxe varía segundo a estación do ano. Aliméntanse de peixes, crustáceos e pequenos anfibios, e teñen como hábitat as zonas pantanosas ou próximas aos lagos de todo o mundo.

Xeralmente son aves solitarias, pero é normal velas reunidas en comunidade na época de cría. Aniñan en árbores altas, onde fan niños rudos, practicamente planos, e chegan a poñer até 6 ovos.

Taxonomía

editar

Os ardeidos subdivídense en catro subfamilias e 19 xéneros, algúns discutidos:[3]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ardeidos.
  2. Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan, and C. L. Wood. 2010. The Clements checklist of birds of the world: Version 6.5. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  3. 3,0 3,1 Peterson, A. P. 2010. Birds of the World -- current valid scientific avian names. Consultado en xuño de 2012.
  4. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Outros artigos

editar