Trobo, Begonte
parroquia civil do concello de Begonte
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Trobo.
Santa María de Trobo é unha parroquia do concello de Begonte na comarca da Terra Chá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 171 habitantes (90 homes e 81 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 182 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 143 habitantes, sendo 80 homes e 63 mulleres.
Trobo | |
---|---|
![]() | |
Concello | Begonte[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°10′51″N 7°38′24″O / 43.18094252, -7.64001302Coordenadas: 43°10′51″N 7°38′24″O / 43.18094252, -7.64001302 |
Poboación | 128 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia Editar
En 1834 foille concedido o Vizcondado de Trobo ao Mariscal Rodil, nado alí[Cómpre referencia]. A el pertenceu o pazo de Trobo, así como á súa filla Rita e mailos seus herdeiros.
Lugares e parroquias Editar
Lugares de Trobo Editar
Lugares da parroquia de Trobo no concello de Begonte (Lugo) | |
---|---|
Altide | A Estrada | Martín de Abaixo | Martín de Arriba | Montillón | Novás | O Pedrón | A Torre | As Travesas | Veiga Ancha | A Vila | Vilar |
Parroquias de Begonte Editar
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Martínez Lema, Paulo (2019). Toponimia de Begonte e Rábade (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-2-9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de abril de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019.