Muimenta, Cospeito

parroquia civil do concello de Cospeito

Santa Mariña de Muimenta é unha parroquia do concello de Cospeito na comarca da Terra Chá. En 2011 tiña 840 habitantes repartidos en 15 km² (56 hab/km²), o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 953 habitantes.

Muimenta
Igrexa Muimenta, Cospeito.jpg
Igrexa parroquial de Muimenta
ConcelloCospeito[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°15′23″N 7°26′54″O / 43.256264, -7.4482709Coordenadas: 43°15′23″N 7°26′54″O / 43.256264, -7.4482709
Área15 km²
Poboación787 hab. (2019)
Densidade52,47 hab./km²
Entidades de poboación20[1]
editar datos en Wikidata ]

LecerEditar

A vila de Muimenta conta cunha extensa praia fluvial na beira do río Miño cunha ampla zona recreativa e numerosos carballos e árbores autóctonas que percorren as beiras do río, a parte de ter un antigo muíño de pedra, ao que poderás acceder mediante unhas pontes artesás de madeira.

Aquí celébrase o 1 de maio a festa da filloa de Muimenta, declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia.

DeportesEditar

O equipo de fútbol SD Muimenta que logrou o ascenso a 1ª Rexional na tempada 2006/2007. O seu campo é O Pichón. A SD Muimenta conta cun Club de Tenis que xoga no campionato galego por equipos federado. Neste club organizase todos os anos polo verán un recoñecido torneo de tenis Federado (Open Hermo).

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de MuimentaEditar

Lugares da parroquia de Muimenta no concello de Cospeito (Lugo)

O Carboeiro | Cima de Vila | Costa da Zapateira | O Freixo | Muimenta | O Pacio | As Paincegas | Pereiras | O Porto do Sal | Portoareoso | O Pozo | O Rego da Cerva | A Regueiriña | Reigosela | A Traba | Valmaior | Vila da Igrexa | Vilar Corvelle | Vilariño | A Vilerma

Parroquias de CospeitoEditar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cospeito

Arcillá (San Paio) | Bestar (Santa María) | Bexán (San Paio) | Cospeito (Santa María) | Goá (San Xurxo) | Lamas (San Martiño) | Momán (San Pedro) | Muimenta (Santa Mariña) | Pino (San Martiño) | Rioaveso (Santalla) | Roás (San Miguel) | Santa Cristina (San Xiao) | Seixas (San Pedro) | Sisoi (Santalla) | Sistallo (San Xoán) | Támoga (San Xiao) | Vilapene (Santa María) | Vilar (Santa María) | Xermar (Santa María) | Xustás (Santiago)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar