Píntega común
A píntega común[1] ou salamántiga[2] (Salamandra salamandra) é un anfibio urodelo común en Europa con preferencia por hábitats acuáticos de media e alta montaña, ecoloxicamente pouco alterados.
Píntega común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Salamandra salamandra (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Distribución en Europa
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Ao longo do territorio galego recibe tamén os nomes vulgares de salamanca[3], pinchorra[4], sacabeira[5], sapagueira[6], sacarrancha[7] ou saramaganta[8].
Localización e características
editarNormalmente sae do seu acocho cando o tempo é frío e húmido. Adoita ser vista nos camiños, ás veces agóchase baixo as pedras. A súa lonxitude é de 20 cm como máximo.
É doado recoñecelas pola cor da pel, negra con pintas amarelas. Para evitar seren atacadas por outros animais, a súa pel contén pequenas cantidades de substancias tóxicas (pezoña).
A píntega ou salamántiga común ten unha subespecie de seu en Galicia, a Salamandra salamandra gallaica.
A píntega na cultura popular galega
editarO imaxinario tradicional esaxera o carácter pezoñento da píntega, pero non só en Galicia. Xa na Idade Media, Hugo de San Víctor escribe -supostamente- o texto De bestiis et aliis rebus [9]. Neste tratado asegúrase que o veleno da píntega era o máis forte de tódolos animais pezoñosos: mentres que estes poden ferir máis ou menos á xente, unha píntega pode matar a varios homes.
Se te morde a salamántiga, que che fagan logo a cama
Crese que a píntega pode transmitir un aire particular, tanto por contacto como polo seu bafo. Incluso abonda con miralo, e só con iso xa pode provocar dores de cabeza e vertixes. Algúns din que o brazo ou perna que chegue a tocar a píntega pode terminar apodrecendo.
Provoca un proído intenso, contra o que se poden aplicar numerosos remedios tradicionais. Algún destes inclúen utilizar o propio animal, e así, en Ponte Caldelas, por exemplo, hai que coller unha píntega, queimala e aplicar a cinsa na zona infectada. En Oímbra hai que cravar o animal nun pau e este nunha árbore: segundo morre a píntega, vai desaparecendo a pezoña. Outro remedio consiste en matar unha, enterrala en area grosa e colocar tres pedras sobre o corpo; á vez que se fai isto, cóbrese a lesión cunha camisa e rézanse algunhas oracións, e ó quitar a camisa estará curada.
No Irixo enchen unha cunca de barro con aceite de oliva e meten dentro unha corda de esparto. Cando esta está ben embebida de aceite, rodéase con ela a lesión e rézase un ensalmo.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para píntega.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salamántiga.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salamanca.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pinchorra.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sacabeira.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sapagueira.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sacarrancha.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.
- ↑ Que desenvolve o significado simbólico atribuido a certos animais, que representaban vicios ou virtudes.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Píntega común |
Bibliografía
editar- VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo 2011, 422-423.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha da píntega común, no Ministerio de Medio Ambiente (pdf) (en castelán)
- Completa páxina sobre a salamántiga Arquivado 04 de novembro de 2008 en Wayback Machine. (en castelán)
- Salamandras con pedigrí, nova sobre a presenza das mesmas no Parque nacional das Illas Atlánticas