Xunco

xénero de plantas

O xunco (xénero Juncus L. 1753) é unha planta da familia das xuncáceas, moi común na conca mediteránea, en América e África, con máis de 225 especies.

Juncus articulatus

Morfoloxía editar

O seu tamaño habitual é de 9 dm de altura. Vive en chans húmidos, en ribeiras e pantanos. A folla é cilíndrica, alargada, recta e flexible. Florece de abril a xullo.

A flor é composta, pequena e de cor parda. O froito é ovalado de cor marrón.

Uso editar

Utilízase o talo, en cestaría, para facer teitumes e sebes naturais.

Especies seleccionadas editar

Ligazóns externas editar