Castro de Viladonga

poboado fortificado en Viladonga, Castro de Rei

Coordenadas: 43°09′39″N 7°23′19″O / 43.160822, -7.3887

O castro de Viladonga é un castro galaico-romano pertencente á coñecida como cultura castrexa e situado en Viladonga, no concello de Castro de Rei, na provincia de Lugo. Localízase sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar, lugar desde o que se domina visualmente gran parte da chaira da Terra Chá. O 11 de decembro de 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.[a]

Castro de Viladonga
ParroquiaViladonga
ConcelloCastro de Rei
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27010026
Cronoloxía
Datas de ocupaciónséculo III d.C. a Século V d.C.
Data da descubertaPrincipios do século XX
Períodos de escavación1971 a 1978
1983 ata a actualidade
Estado actualen proceso de escavación. Consolidado. Visita libre. Museo anexo
Extensión estimada4 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Os traballos arqueolóxicos comezaron en 1971. Trátase dun castro dos máis coñecidos de Galicia, debido en gran medida a que desde o ano 1983 conta cun Museo Monográfico do castro.

Morfoloxía editar

 
Vista xeral do castro.

O recinto aparece mencionado na bibliografía de comezos do século XX, Manuel Amor Meilán xa o cita na súa obra Historia de la Provincia de Lugo (Lugo, 1918). Ocupa unha extensión aproximada de 4 ha[2] intra murallas, das que 10.000 m² corresponden á croa de forma cuadrangular irregular (100x95 m) cos ángulos redondeados.

A muralla principal é de perpiaños de xisto, que chega a unha altura de 12 a 14 metros cara ao foxo. Predominan os materiais de época romana avanzada ou tardorromana.

Arqueoloxía editar

Grazas á iniciativa de Ramón Falcón Rodríguez realizáronse traballos arqueolóxicos desde 1971 a 1978.

Entre 1972 e 1975 as escavacións estiveron a cargo de Manuel Chamoso Lamas. Nas catro campañas exhumáronse a maioría das construcións da croa, de gran diversidade tipolóxica, e fixéronse catas noutros puntos do sitio (antecroas e sistemas defensivos).

Na campaña de 1983, a cargo de Felipe Arias Vilas, marcáronse os seguintes obxectivos:

  • Escavación e retirada dos muros testemuñas de terra deixados nas escavacións anteriores.
  • Comprobación da estratigrafía dos restos de estruturas da croa.
  • Rozado e limpeza do terreo intramurallas.
  • Continuación de traballos museolóxicos.
  • Levantamento topográfico e elaboración de planos (1984).

Achados editar

 
Delimitación do castro e da área de protección do BIC publicado no DOG.[1]

No ano 1911 apareceu no castro un torque de ouro[b] con remates en perilla, de 20 quilates e un peso de 180 gramos, e que se conserva no Museo Provincial de Lugo[3]

Nas escavacións de 1972-1975 atopouse outro torque de tipoloxía similar ao aparecido en 1911, pero de ouro máis baixo. Tamén se atoparon un anel de ouro con chatón de esmeralda, e dous aúreos de Arcadio, así como apliques, broches, fíbulas, compases ou un pasarrendas de cabalo.

Outros achados salientables foron os de dous taboleiros de xogo "tabula latrunculata", un machado de talón de bronce de 4 argolas[4] e un puñal de antenas de bronce. En xuño de 2020, descubriuse unha machada ritual de bronce que data do século -III.[5] Esta peza foi atopada no alxibe monumental, nas escaleiras de acceso ó depósito xunto con restos de ósos, carbón e cerámicas, e é unha descuberta excepcional pola escaseza destas pezas e pola súa decoración, con motivos en forma de torque, touro, carneiro e xabaril.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. A delimitación do BIC abarca o conxunto do sitio arqueolóxico e unha ampla área de protección cara ó norte, na que se inclúe outro sitio castrexo, a Rodela de Balmonte.[1]
  2. Foi atopado casualmente polo labrego José Abelleira Palmeiro cando traballaba a terra. A peza formou parte da colección Blanco-Cicerón, pasando máis tarde á de Gil Varela ata chegar ao Museo de Lugo
Referencias

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar