Machada
Unha machada[1] ou brosa[2] é unha ferramenta cun gume metálico que está fixada de forma segura a un mango, xeralmente de madeira, cuxa finalidade é a de cortar mediante golpes. Chámase machado[3] cando ten a folla máis grande e o cabo máis longo, manexándose neste caso coas dúas mans, e macheta cando é pequena[4].
O uso típico para as machadas é cortar leña e tallar árbores, pero no pasado usáronse como armas para a caza e a guerra, especialmente polos viquingos, normandos e amerindios, que as empregaron como armas de guerra dende o Neolítico, (francisca ou tomahawk).
Orixe
editarA orixe da machada debe situarse na prehistoria. As pedras de sílice talladas en forma amigdaloide, e as basalto puídas nun ou dous extremos, e ás veces cunha marca no medio, suxeitábanse con fortes ligaduras a un pau, formando con el ángulo recto, e servían como arma ofensiva nas loitas entre os homes ou contra os animais salvaxes. Son moi notables as machadas martelo de Dinamarca, cun burato no centro.
-
Tamén se usan en deportes como o aizkolaritza.
-
Os desastres da guerra, «O mesmo». Francisco de Goya reflicte na súa obra gráfica a brutalidade e barbarie á que se chegou na Guerra da Independencia Española.
Simbolismo e folclore
editarDende polo menos o Neolítico tardío, as machadas elaboradas (machada de guerra, machada-T etc.) tiveron un significado relixioso e indicaron probablemente un estado exaltado do seu dono. Algúns tipos case nunca amosan trazos de desgaste; depósitos de follas de machadas sen mango do Neolítico medio (tales como Somerset Levels en Gran Bretaña) puideron ter sido agasallos ós deuses.
Na Creta minoica, a labrys (machada dobre), tivo un significado especial. A machada dobre data dos períodos do paleolítico e do neolítico.
Nas fasces da Roma Antiga, a machada simbolizaba a autoridade de executar e eran usadas a miúdo como símbolos da Italia fascista a cargo de Benito Mussolini.
As machadas de ferro foron importantes ademais na superstición. Unha machada podería manter afastada unha saraibada. Ás veces, as machadas poñíanse nos cultivos, coas súas puntas apuntando ó ceo, para protexer as colleitas do mal tempo. Unha machada vertical soterrada baixo o peitoril dunha casa mantería lonxe a bruxería, mentres que unha machada baixo a cama aseguraría a descendencia masculina.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para machada.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para brosa.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para machado.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para macheta.