Reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Coordenadas: 43°13′39″N 08°17′18″O / 43.22750, -8.28833
Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Reserva da biosfera[1] | ||
Ano de constitución: | 2013 | ||
Superficie: | 116724.3 ha (2754.7 ha. mariñas) | ||
Lexislación: | Decisión ICC do programa MAB, 2013 | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Provincia da Coruña | ||
Concellos: | Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado | ||
Ríos: | río Barcés, río Mero, río Mendo | ||
Picos | monte Cova da Serpe | ||
Direccións de interese: | Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas - Betanzos. San Marcos, Abegondo, s/n 15318 Abegondo (A Coruña). | ||
Teléfonos: |
As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é unha reserva da biosfera declarada o 28 de maio de 2013[2], que abrangue 17 concellos das comarcas da Coruña, Betanzos e Terra de Melide. A reserva ten unha superficie de 113.970 hectáreas e nela vive unha poboación dunhas 190.000 persoas[3].
Dentro da reserva inclúense varias zonas de especial conservación da Rede Natura 2000 e un monumento natural.
Xeografía
editarA reserva da biosfera está formada esencialmente polas bacías de dous ríos principais, o Mero e o Mandeo e mais polo litoral das rías de Betanzos e A Coruña (coa excepción do propio termo municipal da Coruña). Así, abrangue áreas costeiras e de montaña; a súa altitude máxima está no monte da Cova da Serpe (841 m).
A extensión da reserva supón un 3,85% da Comunidade Autónoma de Galicia[4]. Administrativamente, o territorio pertence a un total de 176 parroquias dos seguintes concellos:
Demografía
editarSegundo o IGE, en 2011 a poboación da reserva era de 189.902 habitantes, cunha densidade media de 167 hab/km². Isto supón unha densidade maior á media galega, o que se explica polo feito de a reserva estar na área de influencia da cidade da Coruña. Porén, hai que reparar nas grandes diferenzas na densidade dos diversos concellos segundo a súa proximidade á Coruña, cunha densidade máxima en Oleiros (780,1 hab/km²) e mínima en Sobrado (17,3 hab/km²). Tendo en conta estes datos, pódense distinguir tres áreas:
- Área suburbana, conformada polo primeiro anel metropolitano da Coruña. Trátase dos concellos de Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros.
- Área rururbana, conformada polos concellos de Sada, Bergondo, Betanzos, Abegondo e Carral.
- Área rural, conformada polos concellos de Aranga, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne e Sobrado.
Espazos protexidos
editarDentro da reserva inclúense varias zonas de especial conservación da Rede Natura 2000. Conta cos ZECs de Betanzos - Mandeo, o Encoro de Abegondo - Cecebre, a Costa de Dexo (tamén declarada monumento natural) e tamén o tramo arteixán da Costa da Morte. Ademais, conta coas novas propostas LIC na rede do esteiro do río Baxoi, as brañas do Deo a Serra da Cova da Serpe.
Galería de imaxes
editar-
Río Mandeo en Chelo, Coirós
-
Lagoa de Sobrado
-
Praia de Barrañán, en Arteixo
-
Praia de Naval, en Dorneda, Oleiros
-
Praia de Santa Cristina e litoral da ría da Coruña no concello de Oleiros
-
A ría de Betanzos desde O Pedrido. Ao fondo, a vila de Sada e o porto de Fontán.
-
A ría de Betanzos desde Sada
-
Fervenza no río Mendo, en Oza-Cesuras
-
Eguas no monte Xalo, Culleredo
-
Esteiro do río Baxoi, en Miño
-
Paisaxe da parroquia de Verís, en Irixoa
-
Preto da Punta de Sumiño.
-
Desembocadura do río Lambre.
Notas
editar- ↑ Man and the Biosphere programm, UNESCO (eds.). "Biosphere Reserves: Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo".
- ↑ Twelve sites added to UNESCO’s World Biosphere Reserve Network na web oficial da Unesco (en inglés)
- ↑ Aprobada a resolución da Candidatura a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na web da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos
- ↑ Candidatura a reserva de biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo". Documentos para debate (en castelán)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga (2014): Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Guía de recursos para o profesorado. Oleiros: CEIDA. Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. Consultado o 16 de maio de 2014.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Reserva de Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo". Blog oficial da reserva.
- Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo na web da UNESCO (en inglés)
- Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Ficha da reserva na web da Red Española de Reservas de la Biosfera (en castelán).
- Propuesta de Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo Documento oficial da candidatura (en castelán)
- Candidatura a reserva de biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo". Documentos para debate. Documento da proposta oficial da candidatura (en castelán)
- Expediente sobre a designación como reserva da biosfera (PDF)
- Vídeo da candidatura
- Vídeo: reportaxe da TVG sobre a candidatura da reserva
- Vídeos das reservas da biosfera designadas en 2013, na páxina web da UNESCO