Estación de Teixeiro

estación ferroviaria

Teixeiro é unha estación de tren de Adif situada na vila de Teixeiro, no concello de Curtis, provincia da Coruña. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Teixeiro
SituaciónCurtis
Liñas
Media distanciaMD

Situación ferroviaria

editar

A estación atópase no punto quilométrico 487,9 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Guitiriz e Curtis. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

editar

A estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.[3] Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na recentemente creada Renfe.

Antes do comezo da guerra civil española en xullo de 1936, o futuro guerrilleiro Benigno Andrade García, Foucellas, interveu nunha requisa de dinamita na estación, un dos motivos polo cal, temendo represalias dos sectores fascistas, se botou ao monte logo do estalido da guerra.[4]

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

editar

O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. Sitúase no noroeste do núcleo urbano de Teixeiro. Recentemente foi reformada exteriormente. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden as dúas vías existentes na estación.

A 2,5 quilómetros da estación existe un pequeno ramal que accede a un apartadoiro que dá servizo a unha planta de bioetanol.

Servizos ferroviarios

editar

Media distancia

editar

Actualizado a 1 de xaneiro de 2020.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <> Lugo
Monforte de Lemos
Ourense-Empalme
  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
  2. Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles
  3. Asturias á Galicia y León (A.G.L.) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España Arquivado 29 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway
  4. Fernández, Carlos. "Vida y Muerte del guerrilleiro «Foucellas»". Paisajes de la Guerrilla (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2003. Consultado o 04 de setembro de 2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar