Estación de Valladolid-Campo Grande
A estación de Valladolid-Campo Grande, tamén coñecida como estación do Norte, é a principal estación de ferrocarril da cidade de Valladolid. Encóntrase fronte á prolongación da Acera de Recoletos, preto da Plaza de Colón e do Parque do Campo Grande. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.
Estación de Valladolid-Campo Grande | |||||
---|---|---|---|---|---|
Tipo | estación de ferrocarril e estación de cambio de vía ![]() | ||||
Parte de | Plan Nacional de Patrimonio Industrial ![]() | ||||
Uso(s) | en funcionamento ![]() | ||||
Instalacións | ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Valladolid | ||||
Concello | Valladolid ![]() | ||||
Código postal | 47007 ![]() | ||||
Enderezo | Calle de Recondo 12 ![]() | ||||
Altitude | 695,58 m ![]() | ||||
Datas | |||||
Fundación | 1891 ![]() | ||||
Inauguración | 1895 ![]() | ||||
Transporte | |||||
Código de estación ferroviaria | 10600 ![]() | ||||
Liña de tren | Liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid, Madrid–Hendaya railway line (en) ![]() ![]() ![]() | ||||
Servizo de conexión | Alvia, Alta Velocidade Española, Trenhotel, Avant e Intercity ![]() | ||||
Alta velocidade | AVE Avant AV City | ||||
Longa distancia | Alvia, Estrella, Trenhotel | ||||
Media distancia | Intercity MD Rexional Exprés | ||||
Outros transportes | Autobuses: Liñas: 2,4,9,16,P2,P13,M1,B1 Parada de taxis | ||||
Dimensións | |||||
Superficie | 139.841 m² e 25.823 m² ![]() | ||||
Persoas e organizacións | |||||
Propietario/a | Adif ![]() | ||||
Operador/a | Renfe Operadora ![]() | ||||
[ Wikidata ] |
Situación ferroviaria
editarA estación atópase a 695 metros de altitude nos trazados das seguintes liñas férreas:
- Liña férrea de alta velocidade e ancho internacional Madrid-Valladolid vía Segovia, punto quilométrico 179,6.[2]
- Liña férrea de alta velocidade e ancho internacional Valladolid-León vía Palencia, punto quilométrico 0,0.
- Liña férrea de ancho ibérico Madrid-Hendaia, punto quilométrico 248,523.[2]
Historia
editarO tren chegou a Valladolid en 1856 pola entrada principal da cidade, o camiño de Madrid, polo Parque de Campo Grande. Neses terreos propiedade do Concello de Valladolid e que pertenceran ao desaparecido Convento de San Xosé, construíuse un edificio de viaxeiros provisional, de madeira e de reducidas dimensións xunto cos talleres xerais, que constituíron a primeira grande industria da cidade.
Co tempo viuse a necesidade de construír unha nova estación sobre a anterior. O enxeñeiro Enrique Grasset é autor de diversas estacións como a de Burgos. Traballa en Valladolid dende 1891. Para a definición do edificio tomou como referencia a lonxitude dun convoi, con algo máis de 100 metros.
O 23 de decembro de 2007 púxose en marcha a liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid, que reduciu o tempo entre as dúas cidades a 56 minutos, a unha velocidade máxima de 300 km/h. O 29 de setembro de 2015 púxose en funcionamento a liña de alta velocidade Valladolid-Palencia-León dando continuidade á primeira.
Servizos ferroviarios
editarLonga distancia
editarActualizado a 25 de xuño de 2016.
Media distancia
editarActualizado a 25 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
---|---|---|---|---|
' | Intercity | Madrid-Chamartin | Vigo-Guixar | |
Intercity | Madrid-Chamartin | Irún | ||
Intercity | Madrid-Chamartin | Santander | ||
MD | Madrid-Chamartín | Irún Vitoria | ||
14 | RE | Palencia | Valladolid-Campo Grande | |
15 | RE | Medina del Campo | Valladolid-Campo Grande | |
16 | MD RE |
Madrid Chamartín Ávila |
Valladolid-Campo Grande | |
17 | MD RE |
León Ponferrada |
Valladolid-Campo Grande Medina del Campo | |
18 | MD | Pobra de Seabra Zamora |
Valladolid-Campo Grande | |
19 | MD | Palencia | Salamanca | |
20 | RE | Santander | Valladolid-Campo Grande |
Notas
editar- ↑ Anuario del ferrocarril 2011 Fundación de los Ferrocarriles Españoles y Vía Libre
- ↑ 2,0 2,1 Valladolid-Campo Grande (Est.) Euroferroviarios
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Valladolid-Campo Grande |