Estación de Alacant-Terminal
Alacant-Terminal é a principal estación de tren de Adif da cidade de Alacant. É unha estación de carácter terminal. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia, ademais de ser cabeceira de dúas liñas da rede de Proximidades Murcia/Alacant.
Alacant - Terminal | |
---|---|
Situación | Alacant |
Servizos | |
Liñas | |
Alta velocidade | AVE |
Longa Distancia | Alvia, Euromed, Talgo |
Media distancia | MD, Rexional, Rexional Exprés |
Cercanías | |
Intermodalidade | |
Metro | en Luceros (300 m) |
Bus | |
Outros | Taxi |
Situación ferroviaria
editarNa estación, situada a 22,45 metros de altitude, conflúen diferentes liñas:[1]
- Liña férrea de alta velocidade e ancho internacional que une Madrid con Alacant, punto quilométrico 485,925.
- Liña férrea de ancho ibérico que une La Encina e Alacant, punto quilométrico 454,7.
- Liña férrea de ancho ibérico que une Alacant e Murcia, punto quilométrico 0,0.
Historia
editarOs antecedentes da chegada do ferrocarril á cidade sitúanse nos desexos de conectar Madrid con Alacant tomando como punto de partida a liña Madrid-Aranjuez e a súa prolongación ata Albacete vía Alcázar de San Juan por parte da Compañía do Camiño de Ferro de Madrid a Aranjuez que tiña a José de Salamanca como o seu principal impulsor.[2] O 1 de xullo de 1856 José de Salamanca, que se uniu coa familia Rothschild e coa compañía do Chemin de Fer du Grand Central, obtiveron a concesión da liña Madrid-Zaragoza que, unida á concesión entre Madrid e Alacant, daría lugar ao nacemento da Compañía dos Ferrocarrís de Madrid a Zaragoza e Alacant ou MZA.[2] Esta última foi a encargada de inaugurar a estación o 26 de maio de 1858 coa apertura do tramo Almansa-Alacant. A viaxe inaugural foi presidida pola raíña Isabel II. A pesar diso, e segundo consta nos documentos oficiais da compañía e nas Memorias das obras públicas, a posta efectiva en servizo realizouse algo antes, o 15 de marzo de 1858.
A construción da estación foi encargada por MZA a varios enxeñeiros franceses entre os que se atopaban M. Julien.[2] Para iso descartouse un proxecto anterior xulgado insuficiente para o tráfico previsto. A instancias do Ministerio da Guerra, tamén se descartou situar a estación xunto ao porto movéndoa á porta de San Francisco.[2] O edificio que finalmente se construíu, dotou á cidade dunha das maiores estacións de España da época. Estaba formada por dous corpos paralelos ás vías, de planta baixa, entre os cales se situou o acceso principal ao recinto, con escalinata previa e galería de columnas dóricas como principais elementos decorativos.[3] O conxunto cubriuse cunha ampla marquesiña metálica de dúas vertentes tipo Polonceau fabricada por Scheneider e Cía de Le Creusot.[2] Dita marquesiña consérvase na actualidade sen apenas cambios substanciais.
Entre 1967 e 1968, Renfe, que xestionaba a estación desde 1941, decidiu reformar a fachada principal co propósito de modernizala. Retiráronse as columnas, e con iso gran parte do neoclasicismo que desprendía o edificio, substituíndoas por un corpo central que servía de novo acceso ao recinto.
Desde o 31 de decembro de 2004, Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
En 2010 anunciouse a construción dunha nova estación para a chegada da alta velocidade á cidade. O primeiro servizo de alta velocidade chegou á estación o 18 de xuño de 2013.
A estación
editarSitúase preto do centro urbano fronte á avenida Salamanca. Componse de seis vías ás que acceden diferentes plataformas froito da súa configuración como estación terminal. Posúe puntos de información, venda de billetes, aseos e servizos adaptados ás persoas con minusvalía. Ademais contén locais comerciais, cafetería, servizos bancarios e alugueiro de coches. No exterior hai un aparcadoiro situado nun dos laterais do recinto e unha parada de taxis. Existen tamén paradas próximas de autobuses urbanos.
Servizos ferroviarios
editarLonga Distancia
editarActualizados a 2 de xullo de 2016.
Media distancia
editarActualizados a 2 de xullo de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
43 | MD | Alacant-Terminal | <> | Lorca-Sutullena |
44 | MD Rexional Rexional Exprés |
Zaragoza-Delicias Valencia-Estació del Nord |
<> | Alacant-Terminal Murcia del Carmen Cartaxena |
45 | MD | Alacant-Terminal | <> | Cidade Real |
46 | Rexional | Alacant-Terminal | <> | Albacete-Los Llanos |
A estación ten servizo de Proximidades Renfe cunha frecuencia de 1 ou 2 trens por hora na liña C-1 e uns poucos trens ao día na liña C-3. É cabeceira de ambas as liñas.
Liña | Destino / Orixe |
---|---|
Murcia del Carmen | |
Sant Vicent Centre |
Notas
editar- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Madrid a Aranjuez, Aranjuez a Almansa, Almansa a Alicante Spanishrailway
- ↑ La estación Alicante Central Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Conselleria d'Infraestructures. 150 años del ferrocarril en Alicante
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Alacant-Terminal |
- Información na web de Adif Arquivado 24 de xuño de 2016 en Wayback Machine.