Estación de Valencia-Joaquín Sorolla
Valencia-Joaquín Sorolla é a estación ferroviaria de alta velocidade da cidade de Valencia. É unha estación provisional e de carácter terminal. Leva o nome do pintor Joaquín Sorolla, nado na cidade.
Valencia-Joaquín Sorolla | |
---|---|
Exterior da estación | |
Situación | Valencia |
Servizos | |
Liñas | |
Alta velocidade | AVE |
Longa Distancia | Alvia, Euromed |
Media distancia | Avant |
Intermodalidade | |
Metro | MetroValencia |
Bus | Autobuses e Metrobús EMT |
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 397,55 da liña férrea de alta velocidade que une Madrid con Levante.
Historia
editarSituada no centro da capital valenciana, a 800 m ao sur da Estación do Norte foi construída entre 2008 e 2010 aproveitando as transformacións urbanísticas da cidade de principios do século XXI para instalarse nun extenso soar próximo á praia de vías. Inaugurouse o 18 de decembro de 2010.[1]
A estación
editarO edificio é de planta rectangular con dúas zonas claramente diferenciadas: o gran hangar, de planta igualmente rectangular, e o edificio de viaxeiros propiamente dito, de planta en U e alicerces independentes da estrutura do hangar.
As fachadas están ritmicamente desenvolvidas segundo módulos de policarbonato acristalado propio dunha estrutura provisional e desbotable como é esta. O proxecto e a dirección da obra correron a cargo dos arquitectos Luis Almeida Duarte e Elvira Puchades Gimeno e a xestión do proxecto a cargo de Jorge Bernabeu Larena e Elvira Puchades Gimeno da empresa ACXT/IDOM.
Servizos ferroviarios
editarLonga Distancia
editarActualizados a 2 de xullo de 2016.
Media distancia
editarActualizados a 2 de xullo de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Avant | Requena-Utiel | <> | Valencia-Joaquín Sorolla |
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Valencia-Joaquín Sorolla |