Estación de Cuenca-Fernando Zóbel
Cuenca-Fernando Zóbel é a estación ferroviaria de alta velocidade da cidade de Cuenca. Está situada a 5 km do centro no Cerro de la Estrella, moi próxima á estrada N-320, ao sur da cidade. Leva o nome do pintor Fernando Zóbel, moi vinculado á cidade.
Estación de Cuenca-Fernando Zóbel | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Epónimo | Fernando Zóbel ![]() | |||
Uso(s) | en funcionamento ![]() | |||
Instalacións | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | |||
Provincia | provincia de Cuenca | |||
Concello | Cuenca ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | decembro de 2010 ![]() | |||
Inauguración | 23 de novembro de 2010 ![]() | |||
Transporte | ||||
Código de estación ferroviaria | 03208 ![]() | |||
Liña de tren | Liña de alta velocidade Madrid-Levante ![]() | |||
Servizo de conexión | Alvia, Alta Velocidade Española, Avant, Intercity, Renfe Avlo e Iryo (en) ![]() ![]() | |||
Alta velocidade | AVE | |||
Longa distancia | Alvia | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Adif ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 195,1 da liña férrea de alta velocidade que une Madrid con Levante.
Historia
editarA estación inaugurouse o 15 de decembro de 2010 con motivo da inauguración do tramo de alta velocidade Madrid-Albacete/Valencia. Á inauguración asistiron os príncipes de Asturias e o ministro de Fomento, José Blanco.[1]
A estación
editarO edificio da estación sitúase perpendicular ás vías do tren e desenvólvese unicamente nunha planta. Ocupa unha superficie de 3.625 m² que comprenden dous volumes de características físicas distintas.
A estación ten dúas plataformas de 10 m de anchura e unha lonxitude de estacionamento de 400 metros dotados de marquesiñas de protección. O acceso ás plataformas efectúase a través da zona de embarque, conectada mediante escaleiras fixas, mecánicas e ascensores. Esta alternativa permite reducir o número de movementos verticais que debe realizar o usuario e facilita a relación visual coa paisaxe.
Servizos ferroviarios
editarLonga Distancia
editarActualizados a 20 de xuño de 2016.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Información na web de Adif Arquivado 14 de xuño de 2016 en Wayback Machine.