Estación de El Puerto de Santa María

Coordenadas: 36°36′15″N 6°13′02″O / 36.6042, -6.21727

El Puerto de Santa María é unha estación de ferrocarril situada na cidade de El Puerto de Santa María (Cádiz), no exterior do centro histórico, próximo ao río Guadalete. A estación é de nova creación adaptada para o AVE.

El Puerto de Santa María
Vías da estación
SituaciónEl Puerto de Santa María
Servizosaparcamiento
Liñas
Longa DistanciaAltaria, Trenhotel
Media distanciaA-1
Cercanías (Proximidades Cádiz)
Intermodalidade
Bus
M-121
OutrosAutobús urbano, Autobús interurbano e Taxi

Antiga estación da cidade editar

 
Antiga estación antes da súa derriba.

Esta estación atopábase anexa á actual e esta era das máis antigas de Andalucía, xa que o primeiro tramo de Ferrocarril en Andalucía foi o de Xerez da Fronteira con esta cidade e estaba situada onde está hoxe en día o túnel que leva ás Salinas de San José.

A antiga estación inaugurouse no ano 1876, ao principio realizábase traxectos cara a Sanlúcar de Barrameda, Chipiona ou Rota, a última viaxe que se realizo cara a estas cidades foi o 31 de decembro de 1984.

A distancia das viaxes que se realizaban ía aumentando, creáronse estacións en cidades veciñas como Puerto Real ou Cádiz.

A cidade aproveito a remodelación das vías e das propias estacións e decidiron crear unha estación máis na cidade situada en Valdelagrana.

Trens editar

Proximidades e Media Distancia editar

A estación ten servizo de Proximidades cunha frecuencia que oscila entre 15 e 60 min para estacións situadas entre esta estación. Os fins de semana e festivos só circula un tren por hora en toda a liña.

Os trens de Media Distancia que saen e chegan a esta estación son de tipo Andalucía Exprés, todos con destino Sevilla-Santa Justa excepto 1 ao día que ten como destino ou orixe Xaén.

orixe/destino < liña > destino/orixe
Cádiz Valdelagrana   Xerez da Fronteira
Cádiz Puerto Real A-1 Xerez da Fronteira Sevilla-Santa Justa
Cádiz San Fernando-Bahía Sur   Xerez da Fronteira Xaén

Longa Distancia editar

Tren < destino destino > observacións
Alvia Cádiz Madrid-Puerta de Atocha 2 trens diarios
Trenhotel Antonio Machado Cádiz Barcelona-Sants vía Zaragoza

A liña de alta velocidade Sevilla-Cádiz atópase en proceso de construción. Esta liña será de largo ibérico con travesa polivalente, unha vez as obras conclúan esta estación poderá acoller este tipo de servizo.

 
Durante a súa construción