Altaria

servizo de trens de longa distancia en España

Altaria é un servizo de trens de Longa Distancia de gama media realizado por Renfe Operadora en España, que circulan a unha velocidade máxima de 200 km/h.

Altaria destino Madrid-Puerta de Atocha esperando vía libre en Tarragona.
Altaria Madrid-Granada nun viaduto
Tren do antigo servizo Madrid-Barcelona en Gavà

Ten asentos en turista e preferente, acceso adaptado a persoas inválidas e cafetería.

Dende o punto de vista físico, é un tren Talgo das series IV, ou VI de rodaxe desprazable, que pode percorrer vías de ancho ibérico ou internacional pasando polos cambiadores de ancho entre unhas e outras do cal tira unha locomotora (diante) ou dúas (unha diante e outra detrás) que non é de rodaxe desprazable.

Historia

editar

Os trens Altaria apareceron a finais dos anos 1990 como unha mellora do servizo Talgo entre Madrid e Alacant, usando o material Talgo máis moderno entón, o chamado Talgo IV. Pouco despois chamáronse Talgo 200 os que circulaban polo N.A.F.A. con destino Cádiz e Huelva ou Alxeciras.

En 2003, coa apertura da L.A.V. Madrid-Barcelona ata Lleida pasouse a denominar Altaria aos trens Talgo de rodaxe desplazable que circulaban por ela con destino Barcelona, Logroño ou Pamplona.

No outono de 2005, a chegada dos novos trens de rodaxe desprazable de CAF (S120) levou a substitución dos Altaria Madrid-Barcelona por Alvia (excepto o que realizaba o percorrido Barcelona-Madrid-Cádiz), manténdose nas outras rutas e engadíndose un novo Altaria entre Madrid e Hendaia pola L.A.V. Madrid-Barcelona.

En canto aos trens Altaria por vía convencional, cabe sinalar que tras o Madrid-Alacant, a renovación do material no Madrid-Murcia-Cartagena levou que se rebautizase tamén como Altaria.

En decembro de 2006, a apertura do tramo Córdoba-Antequera da L.A.V. Córdoba-Málaga fixo que o talgo Madrid-Linares-Granada/Almería dividísese en dúas, pasando a relación Madrid-Granada prestarse como Altaria polo N.A.F.A. e o novo tramo de L.A.V. ata Antequera recortando o tempo de percorrido en máis de 1 h, do mesmo xeito que se reduciu o tempo de percorrido do xa existente Madrid-Alxeciras.

O 20 de febreiro de 2008, coa apertura do tramo Camp de Tarragona-Barcelona da L.A.V. Madrid-Barcelona, convertéronse a Alvia os servizos Altaria que por ela circulaban con dirección a Logroño, Pamplona e Hendaia e recortouse o percorrido do Altaria Triana a Madrid-Cádiz como Altaria a secas. Desta forma todos os trens Altaria son actualmente servizos radiais que parten de Madrid.

Desde o 15 de decembro de 2008, o tren realiza ademais unha nova parada en San Francisco de Loja tanto en ida pola mañá como en volta pola tarde.

Desde o 14 de xuño de 2009, os Altaria Madrid-Cádiz/Huelva convertéronse en Alvia, sendo realizados pola Serie 130.

Desde o 25 de outubro de 2009, o servizo Madrid-Alxeciras está suspendido polas obras no tramo Ronda. Un autobús substitúe ao tren entre Alxeciras e Antequera-Santa Ana, onde os viaxeiros transbordan no Altaria Madrid-Granada.

Os trens Altaria están compostos por Locomotora e composicións Talgo, sendo empregadas as seguintes composicións nas seguintes relacións:

Percorridos

editar
Ruta Observacións
Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real · Puertollano · Córdoba-Central · Antequera-Santa Ana · Ronda · Alxeciras vía N.A.F.A. e L.A.V. Córdoba-Málaga con cambio de ancho en Antequera-Santa Ana
Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real · Puertollano · Córdoba Central · Antequera-Santa Ana · Antequera · San Francisco de Loja · Granada
Madrid-Chamartín · Madrid-Atocha Cercanías · Alcázar de San Juan · Albacete · Hellín · Calasparra · Cieza · Murcia del Carmen · Balsicas-Mar Menor · Torre-Pacheco · Cartagena Un dos servizos efectúa parada en Villarrobledo en vez de Alcázar de San Juan
Madrid-Chamartín · Madrid-Atocha Cercanías · Alcázar de San Juan · Albacete · Hellín · Calasparra · Cieza · Murcia del Carmen