Estación de Cidade Real

estación de ferrocarril en Cidade Real, provincia de Cidade Real
(Redirección desde «Estación de Cidade Real - Central»)


A estación de Cidade Real (en castelán: Ciudad Real), tamén coñecida como Ciudad Real-Central, é unha estación de tren situada da cidade de Cidade Real, en Castela-A Mancha. Construíuse no ano 1991 entrando en funcionamento ao ano seguinte coa inauguración do tren de Alta Velocidade Española (AVE) entre Madrid e Sevilla con parada en Cidade Real e Córdoba.

Ciudad Real-Central
Estación Central de Cidade Real.
SituaciónCidade Real
Liñas
Alta velocidade
Longa DistanciaLonga distancia
Media distanciaMedia distancia

Actualmente supón un importante nó de comunicacións ferroviario con conexión á alta velocidade, trens de longo percorrido, media distancia e proximidades. Realizando traxectos cara a Levante (Alacant, Barcelona), Badaxoz, Málaga e outras localidades do sur peninsular.

Situación ferroviaria

editar

A estación que se atopa situada a 633,84 metros de altitude forma parte dos trazados das seguintes liñas de ferrocarril:

Historia

editar

O ferrocarril chegou a Cidade Real o 14 de marzo de 1861 coa apertura do tramo Almagro-Cidade Real da liña que prolongaba ata a cidade a liña férrea que viña desde Alcázar de San Juan.[3] MZA impulsora da liña construíu inicialmente un edificio provisional que foi substituído en 1880 por un de segunda clase que absorbía xa non só o tráfico orixinal desde Alcázar senón tamén o xerado de desde o oeste (Badaxoz) e o sur (Córdoba) cara a onde se prolongou a rede existente. O edificio orixinal, de base rectangular e dúas plantas abarcaba unha superficie total de 450 m² e lucía unhas fachadas de ladrillo visto con cubertas de lousa.[4]​ Co paso dos anos a estación sufriu máis modificacións que a foron adaptando ás necesidades do tráfico. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparación de MZA e a súa integración na recentemente creada RENFE.

En 1991 iniciouse a construción dunha nova estación para dar servizo á primeira liña de alta velocidade construída en España, a Madrid-Sevilla. O recinto foi inaugurado un ano despois integrándose nel o novo trazado e o trazado convencional. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota as liñas existentes mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias incluíndo a estación.

A estación

editar
 
AVE na estación de Cidade Real en 2009.

O edificio, levantado en 1992, é unha ampla estrutura de tres alturas formado por un corpo triangular e dous anexos laterais de diferente lonxitude. Posúe un vestíbulo de importantes dimensións cuberto por un longo biolo con forma de pirámide. Conta con puntos de información, venda de billetes, máquinas expendedoras, aseos, e varios locais comerciais entre os que hai cafeterías e restaurantes, tendas de agasallos, puntos de información turística, empresas de alugueiro de coches e servizos bancarios.

O acceso ás plataformas, unha lateral e dúas centrais, realízase principalmente grazas a escaleiras mecánicas dado que os mesmos atópanse sobre unha plataforma elevada. Foi dotada con catro vías de ancho internacional (dous sen acceso a plataforma) e tres vías de ancho ibérico. Estas última teñen a particularidade de ser terminais o que obriga aos trens convencionais que queiran continuar o seu traxecto para investir a súa marcha. Iso non sucede cos trens de alta velocidade xa que as catro vías de alta velocidade son pasantes.

No exterior dispón de varias zonas de aparcadoiro habilitadas, así como paradas de taxi e autobuses urbanos.

  1. 1,0 1,1 Red ferroviaria española Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. Ciudad Real (Est.) Euroferroviarios
  3. Alcazar a Ciudad Real Arquivado 02 de outubro de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway
  4. Ciudad Real, del nudo de Alcázar al AVE fcmaf