Hendaia

comuna francesa do departamento de Pireneos Atlánticos

Hendaia[1] (en francés: Hendaye, en éuscaro: Hendaia, literalmente "baía grande") é unha comuna francesa do departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión da Nova Aquitania, no extremo suroeste do país. Sitúase no territorio vasco de Lapurdi, xunto á fronteira con España e a 21 km de Donostia.

Hendaia
Hendaye
Vista de Hendaia
Localización
PaísFrancia Francia
Rexión Nova Aquitania
Departamento Pireneos Atlánticos
DistritoBaiona
CantónHendaia
Xeografía
Altitude25 msnm
Superficie7,95 km²
Demografía
Poboación15.976 hab. (2011)
Densidade2.009,56
Xentiliciohendaiés, hendaiesa[1]
Outros datos
Código postal64700
AlcaldeKotte Écénarro (PS)
www.hendaia.eus
Praia de Hendaia, ao fondo os promontorios rochosos coñecidos como les jumeaux.

A cidade é un importante porto pesqueiro e conta cunha estación de ferrocarril internacional. Entre os atractivos da localidade, destaca un balneario, famoso en toda a rexión.

Historia Editar

Situada no medio do Bidasoa, preto de Hendaia, a illa dos Faisáns é un lugar cargado de historia: en 1463, Luís XI tivo un encontro con Henrique IV, rei de Castela; en 1526, Francisco I, prisioneiro dos españois desde a batalla de Pavia, foi liberado nesta illa a cambio dos seus dous fillos, quen permaneceron baixo arresto durante catro anos; en 1615, desenvolveuse un intercambio de infantas reais: Isabel, irmá do rei francés Luís XIII, prometida do fillo do monarca español Filipe III, e Ana de Austria, irmá daquel, prometida á súa vez do rei Luís XIII. En 1659, asinouse na illa a Paz dos Pireneos e o acordo nupcial entre Luís XIV e María Teresa, filla do rei español Filipe IV. A partir do tratado de 1856, a illa dos Faisáns pasou a pertencer tanto a Francia como a España, e desde 1901 ambos os países manteñen por quenda (seis meses cada un) o dereito á súa soberanía.

En 1923, o novelista francés Pierre Loti morreu en Hendaia, onde pasou gran parte da súa vida.

O 23 de outubro de 1940 produciuse unha entrevista histórica entre o ditador español Francisco Franco e o seu homólogo alemán Adolf Hitler. O obxecto do encontro, que se produciu no interior dun tren blindado estacionado na terminal de ferrocarril da localidade, era negociar a participación de España na segunda guerra mundial xunto ás potencias do Eixe Roma-Berlín-Toquio. O réxime franquista solicitara previamente a obtención de Xibraltar e todo o territorio de Marrocos, a cambio da súa belixerancia. Con todo, Franco argüiu durante a reunión as dificultades económicas que impedían a intervención española no conflito, razón pola cal ambas as partes non chegaron a acordos de importancia.

Xeografía Editar

 
Vista da cidade dende o porto.

A cidade está na fronteira co País Vasco e é contigua á cidade vasca de Irún (Guipúscoa). Hendaia está bañada polo Mar Cantábrico ao norte e a Baía de Txingudi (desembocadura do río Bidasoa) ao oeste, que a separa de España (Irún e Hondarribia).

Notas Editar

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hendaiés.

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar