Antequera
Coordenadas: 37°1′N 4°34′O / 37.017, -4.567
Antequera é un municipio de Andalucía, na Provincia de Málaga, España. A súa poboación é de 44.547 habitantes. Está situado na comarca do mesmo nome, a 45 km de Málaga e a 160 km de Sevilla.
Antequera | |||
---|---|---|---|
| |||
Antequera. Ao fondo, Peña de los Enamorados . | |||
Localización | |||
![]() | |||
País | ![]() | ||
Comunidade Autónoma | ![]() | ||
Xeografía | |||
Altitude | 575 msnm | ||
Superficie | 814 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 41.854 (en 2011) | ||
Densidade | 55,85 hab./km² | ||
Xentilicio | Antequerán/á | ||
Outros datos | |||
Código postal | 29200 | ||
Alcalde | Manuel Jesús Barón Ríos (PP) | ||
http://www.antequera.es |
Xeografía Editar
Antequera está situada entre dúas das grandes unidades xeográficas andaluzas: as Cordilleiras Sub béticas e o Suco Intrabético. As Cordilleiras Sub béticas están presentes de forma descontinua nas serras da Vega de Antequera, depresión da cadea que conforman o Suco Intrabético.
Debido á grande extensión do municipio (814 km2), este presenta un carácter físico heteroxéneo, no que hai tres diferentes unidades territoriais principais:
- A chaira da Depresión de Antequera
- Os montes e as serras
- As zonas de chaira
A maior parte do territorio esténdese sobre a chaira, área fértil onde concéntranse os cultivos de regadío e aséntanse a maioría dos centros urbanos municipais, incluíndo ao núcleo principal.
O conxunto de serras sub béticas que conforma a Cordilleira Antequerana, de litoloxía calcaria, constitúe unha grande barreira entre a depresión e o litoral da provincia. Esta cadea montañosa caracterízase pola ausencia de masas forestais e aproveitamentos agrícolas, debido ao seu carácter rochoso e xeografía abrupta. Están ocupadas por matogueira e monte baixo e un reducido número de cortixos e pequenos núcleos rurais.
As zonas de campeiros localízanse entre as beiras da vega e os montes, así como na vertiente sur da Cordilleira Antequerana. Son espácios de topografía suave, con pequenas lomas e ocupados por cultivos de seca, sobre todo olivar e cereais, e con algúns asentamentos urbanos.
Poboación Editar
A poboación en 2011 segundo o INE era de 41.854 habitantes. Antequera é o noveno municipio da provincia de Málaga por poboación e o primeiro do interior. A densidade de poboación é de 55,85 hab/km². A maior densidade de poboación é a do casco antigo, centro da cidade. O resto dos habitantes concéntranse en pedanías, cortixos e viviendas rurais.

1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2010 | 2011 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
31.609 | 32.336 | 31.526 | 32.974 | 37.531 | 43.334 | 42.327 | 40.908 | 35.171 | 38.827 | 40.598 | 45.234 | 41.854 |