O dolmen de Menga é unha construción megalítica situada no concello de Antequera, (Málaga). Construído no 2.500 antes da era actual aínda que as datacións máis recentes son do 3790 ao 3730 antes da era actual[1].

Dolmén de Menga
Exterior do dolmen de Menga, Antequera.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización37°01′28.51″N 4°32′46.65″O / 37.0245861, -4.5462917Coordenadas: 37°01′28.51″N 4°32′46.65″O / 37.0245861, -4.5462917
TipoCultural
Criteriosi, iii, iv
Inscrición2016 (XL sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1501-001

Descrición editar

 
Vista interior do dolmen.

O dolmen de Menga aparece citado por primeira vez nun manuscrito de Agustín de Tejada y Páez, de 1587, co título de Discursos históricos de Antequera no que se fala da existencia de “…una cueva que se dice de Menga y otra que junto a ella, poco ha, se ha descubierto…”[2]. En 1847 Rafael Mitjana, Arquitecto de Málaga, na súa obra titulada: Memoria sobre el templo druida hallado en las cercanías de la ciudad de Antequera[3] fai un estudo monográfico sobre Menga. En 1886 foi declarado Monumento Nacional[4].

Está situado a uns 3 km nas aforas da cidade de Antequera, Málaga xunto co dolmen de Viera e Tholos del Romeral os tres forman o maior conxunto megalítico de España e un dos maiores de Europa.

 
Gravados.

Na primeira lousa de entrada á esquerda hai unhas inscricións de figuras antropomórficas.

A planta do monumento megalítico é rectangular de 27.50 m de longo e un máximo de 4 metros de altura. A entrada é de 2,70 metros e amplíase a 3,50 metros e xa dentro da cámara chega a ter un máximo de 6 m no terzo final.

En 2004 co inicio de novas investigacións e escavacións ao fondo da cámara redescubriuse un pozo de 1,50 m de diámetro e unha profundidade de 19,50 m construído polos mesmos construtores do megalito xa que se teñen atopado as pedras empregadas na súa construción como ferramentas[5]. O nivel da auga no pozo varía coa seca.

 
Vista do interior do pozo.

As paredes do dolmen son grandes pedras ortostáticas. En cada banda ten 12 destas grandes pedras e no fondo hai unha soa. A cuberta do dolmen son 5 lousas faltando a primeira que estaría na entrada. A máis grande das lousas, a do fondo, calcúlase que pesa unhas 180 toneladas. Nas unións destas grandes lousas do teito hai tres piares en liña, só un deles soporta o peso da lousa[6].

Todo o dolmen esta baixo un túmulo de entre 50 e 120 metros de diámetro coa entrada orientada ao nordeste (acimut de 45 graos), ao norte do solsticio de verán. O monumento mira cara á Peña de los Enamorados.

O dolmen ten iluminación artificial interior e é visitable. Preto del hai un centro de interpretación. A Xunta de Andalucía está a traballar para que a UNESCO lle dea ao conxunto megalítico (Menga, Viera e El Romeral) o recoñecemento como Patrimonio da Humanidade.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Menga en Antequera
  2. Juan Fernández Ruiz, José Enrique Márquez Romero. Dólmenes de Antequera guía oficial del conjunto arqueológico. Xunta de Andalucía. p. 220. ISBN 978-84-8266-865-9. 
  3. "Dólmenes de Antequera Xunta de Andalucía" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2013. Consultado o 09 de maio de 2013. 
  4. "Los Dólmenes de Antequera, Menga, Romeral y Viera, camino de ser Patrimonio Mundial de la UNESCO elsoldeantequera.com". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2013. Consultado o 09 de maio de 2013. 
  5. "Tres años de descubrimientos continuos en el recinto dolménico webislam.com". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2015. Consultado o 09 de maio de 2013. 
  6. "Dolmen de Menga". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 13 de novembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Juan Fernández Ruiz e José Enrique Márquez Romero. Dólmenes de Antequera guía oficial del conjunto arqueológico. Xunta de Andalucía. ISBN 978-84-8266-865-9, 220 páxinas.

Ligazóns externas editar