Huelva
Coordenadas: 37°15′50″N 6°57′47″O / 37.26389, -6.96306
Huelva[1] é unha cidade e concello español, capital da provincia de Huelva, en Andalucía. Está situada na costa suroeste de España, na confluencia dos ríos Tinto e Odiel, que forman a Ría de Huelva. O municipio ten unha extensión de 149 km², e a súa poboación en 2010 era de 149.310 habitantes.
Huelva | |||
---|---|---|---|
| |||
![]() | |||
Catedral de Huelva. | |||
Localización | |||
País | España | ||
Comunidade Autónoma | Andalucía | ||
Provincia | Huelva | ||
Comarca | Comarca metropolitana de Huelva | ||
Xeografía | |||
Altitude | 54 msnm | ||
Superficie | 149 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 149.310 hab. (2010) | ||
Densidade | 1002,4 hab./km² | ||
Xentilicio | onubense[1] | ||
Outros datos | |||
Código postal | 21001- | ||
Alcalde | Pedro Rodríguez González (PP) | ||
www.huelva.es |
Xeografía Editar
Huelva atópase localizada nunha pequena península confluencia dos ríos Tinto e Odiel, na chamada terra chaira pertencendo á conca do Guadiana. Está situada a escasos quilómetros do mesmo, do que o separan unha ría e varias illas. Os dous ríos fusiónanse no punto coñecido como Punta do Sebo (ou Península de Huelva ou Anicoba). A altitude media varía desde os cero aos cincuenta e catro metros sobre o nivel do mar.
Noroeste: San Bartolomé de la Torre | Norte: Gibraleón | Nordés: San Juan del Puerto |
Oeste: Aljaraque e río Odiel | Leste: Moguer, Palos de la Frontera e río Tinto | |
Suroeste El Rompido e Océano Atlántico | Sur: Punta Umbría e Océano Atlántico | Sueste: Mazagón e Océano Atlántico |
Clima Editar
O clima é moi benigno, pois é de transición entre subtropical (de variedade bética) e temperado (de variedade mediterránea). A temperatura é suave grazas a ter preto o mar, posto que a súa brisa arrefría o caloroso clima.
Historia Editar
O poboamento onubense comeza a ter grande importancia na Idade de Bronce, adquirindo o seu auxe durante a civilización tartéssica (en torno aos séculos VIII e VI antes de Cristo). En séculos posteriores comezan a chegar comerciantes fenicios e gregos. Durante a época romana, o lugar que corresponde á provincia é chamada Beturia (entre o Betis, o Guadalquivir, e o Anas, o Guadiana), está poboado polos celtici, e máis tarde existe Onuba Aesturiana. Durante a época visigoda ten maior importancia a localidade de Niebla. Ao conquistar a cidade os musulmáns, chámana Welba. A cidade é reconquistada por Afonso X o Sabio. En 1873, as minas de Riotinto converten a Huelva nun importante porto. Os novos polígonos industrias do século XX fan que Huelva aumente considerablemente a súa poboación.
Economía Editar
As principais industrias onubenses son as relacionadas coa química e a pesca (Huelva conta cun importante porto pesqueiro, unha ampla frota e unha longa tradición mariñeira). O marisco e peixe onubenses gozan dunha significativa fama. O porto de Huelva é un dos de maior actividade de España, grazas a construcións portuarias de finais do século XX.
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para onubense.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Huelva |
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- www.ayuntamientohuelva.esArquivado 05 de maio de 2006 en Wayback Machine. (en castelán)