Ronda
Ronda é unha cidade pertencente á comunidade autónoma de Andalucía, situada no noroeste da provincia de Málaga (España). É a cabeza do partido xudicial homónimo e a capital da comarca da Serranía de Ronda.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Provincia de Málaga | |||
Capital de | Takurunna (século VIII–século XI) | |||
Capital | Ronda (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 33.329 (2023) (86,57 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 385 km² | |||
Bañado por | Guadalevín | |||
Altitude | 739 m | |||
Comparte fronteira con | Alcalá del Valle Montejaque (pt) Benaoján (pt) Júzcar Grazalema Olvera El Gastor Torre Alháquime Setenil de las Bodegas Cartajima (pt) Tolox (pt) Cañete la Real Alpandeire (pt) Parauta (pt) Cuevas del Becerro Yunquera (pt) El Burgo (pt) Arriate | |||
Organización política | ||||
• Alcaldesa | Pablo Santiago Ramos Pérez (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 29400 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 29084 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | ronda.es |
No ano 2008 contaba con 36.532 habitantes, que a converten no segundo municipio máis poboado do interior da provincia tras Antequera. O seu termo municipal esténdese sobre unha meseta coñecida como depresión de Ronda e polas serras que a circundan. Ten unha superficie de 481 km² e unha densidade de poboación de 75,95 hab/km².
Ronda ten a súa orixe na Arunda romana que se constituiría a partir de asentamentos ibéricos existentes. Os visigodos déronlle continuidade ata a chegada dos musulmáns, quen consolidaron o seu papel de cabeceira comarcal non perdida ata a data e a súa entidade urbana. A súa localización facilitou a defensa da cidade e púxoa nunha situación estratéxica para dominar os pasos e camiños cara á baixa Andalucía. Isto e a dispoñibilidade de terras aptas para a agricultura concedéronlle finalmente unha importancia histórica notable.
A cidade aséntase ao redor dunha profunda sima á que asoman algúns edificios do seu centro histórico. Por esta razón e pola cantidade dos monumentos que posúe, Ronda converteuse nun centro turístico notable. A cornixa da sima e a ponte que a salva son a imaxe por antonomasia da cidade.
Galería de imaxes
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ronda |