Al-Andalus
Al-Andalus (en árabe: الأندلس) foi o nome dado á Península Ibérica polos seus conquistadores islámicos do século VIII, sendo empregado para se referiren á península independentemente do territorio politicamente controlado polas forzas islámicas.
الأندلس (ar) | |||||
Epónimo | Wilayah of Al-Andalus (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua árabe | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Disolución | 2 de xaneiro de 1492 | ||||
Evento clave | |||||
Inicialmente integrado na provincia norteafricana do imperio omeia, o Al-Andalus sería un emirato (756–929) e posteriormente un califato independente do poder abbásida (929–1031). Coa disolución do califato en 1031, o territorio pulverizouse en varios reinos de Taifas.
Coa reconquista dos territorios polos cristiáns, descendentes dos hispanovisigodos, que se refuxiaran nas zonas do norte da Península, nun proceso que ficou designado historicamente por Reconquista, o nome Al-Andalus foise adecuando ó cada vez menor territorio baixo ocupación árabe-musulmá, na metade sur da península, aproximadamente a mesma area da antiga provincia romana Bética, cuxas fronteiras foran progresivamente empurradas para o sur, até a toma de Granada polos Reis Católicos.
Etimoloxía
editarO nome Al-Andalus apareceu por primeira vez como designación para a Península Ibérica en 716, nunha moeda bilingüe que foi alí acuñada. Nesa moeda a verba Span(ia), en latín, correspondía a Al-Andalus, en árabe.
Segundo Reinhardt Dozy (1820-1883), investigador neerlandés do islam, a verba Al-Andalus estaría relacionada ó vocábulo Vandalicia, nome que el afirmaba ter recibido a Bética romana cando os vándalos alí se asentaran entre 409 e 429 d.C.. Esta posición foi compartida por outros estudosos, entre eles Évariste Lévi-Provençal, mais nunca foi posible atopar probas documentais que mostren que a Bética foi algunha vez chamada Vandalicia.
O filólogo español Joaquín Vallvé Bermejo, na súa obra La división territorial de la España musulmana, afirma que Al-Andalus ten a súa orixe en Jazirat al-Andalus, a "illa do Atlántico" ou Atlántida. De acordo con este catedrático, a lenda da Atlántida de Platón foi transmitida para o mundo árabe antes do nacemento do islam no século VII, como revela a poesía preislámica, que xa fai referencia a un Al-Andalus.
Ciencia
editarA semellanza do que sucedeu no dominio artístico, os árabes e bérberes que se asentaron na Península Ibérica no século VIII comezaron por recorrer ós saberes legados pola civilización visigoda.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Al-Andalus |
Bibliografía
editar- Fernández-Morera, Darío (2006). The Myth of the Andalusian Paradise (PDF). The Intercollegiate Review.