Estación de Alxeciras

A Estación de Algeciras é unha estación de ferrocarril de Adif, situada na cidade de Alxeciras. É a terminal da liña Bobadilla-Alxeciras. Nela chegan e parten trens con destino a Ronda, Granada, Córdoba e Madrid.

Estación de Alxeciras

Tipoestación de ferrocarril, estación en superficie e estación ferroviaria sen saída Editar o valor en Wikidata
Estado de usoen funcionamento Editar o valor en Wikidata
InstalaciónsAccesible PMR Aparcadoiro Venda de Billetes
Persoas e organizacións
Operador/aRenfe Operadora Editar o valor en Wikidata
Propietario/aAdif Editar o valor en Wikidata
Datas
Inauguración1890 Editar o valor en Wikidata
Transporte
Servizo de conexiónAltaria Editar o valor en Wikidata
Código de estación55020 Editar o valor en Wikidata
Estación de intercambioEstação rodoviária San Bernardo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Estación adxacenteEstação Ferroviária Los Barrios (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Liñas ferroviarias
Número de beiras3 Editar o valor en Wikidata
AutobúsAutobús urbano: Liñas 4, 7, 8, 10, 10A e 12
Autobús interurbano: Liñas M-110, M-112, M-113, M-120, M-130, M-150, M-160, M-161 e M-170
Localización
Mapa
 36°06′N 5°24′O / 36.1, -5.4
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Cádiz
ConcelloAlxeciras Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Atópase moi ben comunicada, ao estar situada na antiga travesía da estrada Cádiz-Málaga, xusto en fronte dunha estación de autobuses e a 500 metros do porto e heliporto da cidade.

Historia

editar

A primeira estación de ferrocarril de Alxeciras inaugurouse o 6 de outubro de 1890[1] xunto coa vía férrea Bobadilla-Alxeciras, unha infraestrutura de carácter radial que permitía comunicar a cidade co interior da provincia de Cádiz.

 
Antigo tren Estrella chegando á estación

Pouco antes de chegar á estación terminal, a vía bifúrcase cunha galla que chega ata o porto de Alxeciras, para permitir o transporte de mercadorías. Na actualidade esta vía está sen electrificar. Con todo, grazas á modernización das vías entre Madrid e Andalucía o tempo de percorrido deste treito diminuíu notablemente (entre Alxeciras e Madrid leva aproximadamente 5 horas e 30 minutos; e a Granada, 4 horas e 20 minutos).

A estación está ben comunicada, ao pé da N-340, e xusto en fronte da estación de autobuses.

A ela chegan e parten trens con destino a Ronda, Granada, Córdoba e Madrid.

O servizo A-5 de Renfe, Alxeciras-Granada, realízase tres veces ao día en ambos os sentidos, nos trens Andalucía Exprés. Tamén hai un tren diario de Ronda a Alxeciras á mañá, e outro de Alxeciras a Ronda á tarde.

liña > destino
A-5 Los Barrios Ronda
Granada

Longo percorrido

editar

O servizo Altaria Madrid-Alxeciras realízase dúas veces ao día en ambos os sentidos.

Tren Destino Paradas intermedias Observacións
Altaria Madrid - Puerta de Atocha Cidade Real-Central · Puertollano · Córdoba · Antequera-Santa Ana · Ronda 2 trens diarios

Futuro

editar

A liña de alta velocidade Bobadilla-Alxeciras está incluída no Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transporte 2005-2020. Actualmente atópase en execución de obras o tramo entre Bobadilla e Ronda, cunha velocidade de proxecto de 300 km/h.

Prevese que atravesar a Serranía de Ronda será unha dificultade para o trazado da liña de alta velocidade, polo que podería ter unha velocidade de proxecto máis baixa.

A estación de Alxeciras tamén será terminal do Corredor da Costa do Sol, un proxecto do Ministerio de Fomento e a Xunta de Andalucía para unir a cidade con Málaga por ferrocarril de altas prestacións.