Estación de Sevilla-Santa Justa
Sevilla–Santa Justa é a principal estación ferroviaria da cidade de Sevilla, inaugurada o 2 de maio de 1991[1]. A súa apertura supuxo o peche das históricas estacións de Plaza de Armas e de San Bernardo. É a terceira estación de España, tras as de Madrid-Atocha e Barcelona-Sants cun volume de viaxeiros próximo aos 13 millóns anuais dos cales ao redor de 7 millóns correspóndense co tráfico de proximidade.[2]
Sevilla-Santa Justa | |
---|---|
Fachada da estación | |
Situación | Sevilla |
Servizos | |
Liñas | |
Alta velocidade | |
Longa Distancia | Altaria, Arco, Trenhotel |
Media distancia | A-1, A-2, A-3, A-7, A-8 |
Cercanías | (Proximidades Sevilla) |
Intermodalidade | |
Outros | (en proxecto) |
Os seus traxectos de Longa e Media Distancia, usando tanto a rede convencional como a rede de alta velocidade conectan Sevilla con destinos nacionais como Madrid, Barcelona, Valencia e o resto de Andalucía. Concentra o maior tráfico de proximidades da cidade ao confluír nela todas as liñas da rede.
Está situada nun dos principais accesos a Sevilla, a avenida de Kansas City, continuación natural cara ao centro da N-IV e moi preto do centro histórico.
Situación ferroviaria
editarSevilla-Santa Justa atópase a 9 metros de altitude no trazado da liña férrea de ancho internacional e alta velocidade Madrid-Sevilla, punto quilométrico 470,2.[3]
Forma parte tamén da liña de ancho ibérico Alcázar de San Juan-Cádiz, pk 571,1 que segue o trazado clásico da liña xeral a Andalucía.[4]
Historia
editarA idea de facilitar o acceso a Andalucía cun tren de alta velocidade comezouse a fraguar polo goberno español en 1986 cando decidiron construír o novo acceso ferroviario a Andalucía en ancho internacional para circular a alta velocidade como xa existía noutros países. Xorde así a necesidade dunha nova estación para dotar á cidade dun acceso rápido desde o eixo central con motivo das inminentes visitas e movementos en masa que se esperaba que ocasionaría o futuro evento que estaba por celebrarse, a Expo'92. Proxectada polo estudo de arquitectura sevillano Cruz y Ortiz[5], foi construída entre os anos 1987 e 1991.[1]
O 2 de maio de 1991 (data da inauguración e entrada en funcionamento do novo acceso ferroviario a Andalucía) abriuse ao público como hoxe coñécese, e absorbeu os servizos ferroviarios que anteriormente ofrecían as antigas estacións de Plaza de Armas e de San Bernardo.
Ata 1992, o ferrocarril atravesaba a cidade por lugares como a marxe do río Guadalquivir e en superficie cruzando o eixo formado polas rúas Luis Montoto e Eduardo Dato, coa estación de Cádiz como paso fundamental. Coa construción da nova infraestrutura, as vías desapareceron do tramo mencionado ata a meridional estación de San Bernardo, a ponte de Luis Montoto foi desmantelada e facilitouse o acceso á circulación de vehículos con tres novas avenidas. A beira do río desafogouse e construíronse a larguísima Avenida de Torneo e unha gran zona axardinada.
Trens
editar<< Orixe/destino | Liña | Destino/orixe >> | |
---|---|---|---|
Lora do Río | Utrera | ||
Cazalla-Constantina | - | ||
circular | circular |
Liña | Destino | Observacións |
---|---|---|
A-1 | Cádiz | Andalucía Exprés, 12 trens por sentido |
A-2 | Córdoba Central Xaén |
Andalucía Exprés, 3 trens por destino |
A-3 | Málaga-María Zambrano Almería |
R-598, 4 trens por sentido Andalucía Exprés, 4 trens por sentido |
A-7 | Mérida | Rexional |
A-8 | Huelva-Término | Andalucía Exprés, 3 trens por sentido |
Córdoba Central | vía N.A.F.A. | |
Málaga-María Zambrano |
Nome do servizo | << Orixe/destino | Destino/orixe >> | Observacións |
---|---|---|---|
AVE | terminal | Madrid-Puerta de Atocha | 11-19 trens diarios por sentido |
Barcelona-Sants | 2 trens diarios por sentido | ||
Valencia-Joaquín Sorolla | 1 tren diario por sentido | ||
Alvia | Cádiz | Madrid-Puerta de Atocha | 4 trens diarios por sentido |
Talgo Torre del Oro |
terminal | Barcelona-Estació de França | 1 tren diario por sentido |
Transporte público
editarAs seguintes liñas de autobuses urbanos operadas por Tussam permiten acceder á estación: liñas C1, C2, 21, 28, 32 e Especial Aeroporto (une Plaza de Armas co aeroporto de Sevilla pasando por Santa Justa). Tamén fai o propio a interurbana M-124 (antiga M-220) operada por Casal.
Aínda que existen proxectos para que a liña 2 do Metro de Sevilla dea servizo á estación, na actualidade, a estación de metro máis próxima (a un quilómetro camiñando) é Nervión pertencente á liña 1.
Galería
editar-
Trens estacionados
-
Interior da estación
-
Vías
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 La estación Santa Justa cumple 20 años con más de 120 millones usuarios Diario de Sevilla.
- ↑ Datos do ano 2010 no Anuario del ferrocarril 2011 editado pola Fundación de los Ferrocarriles Españoles y Vía Libre.
- ↑ Red ferroviaria española Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Ministerior de Fomento.
- ↑ Red ferroviaria española Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
- ↑ Europa Press (7 de agosto de 2015). "Santa Justa se renueva". El Correo de Andalucía.