Estación de Tolosa

A estación de Tolosa é unha estación de tren de Adif do concello de Tolosa, en Guipúscoa. É a principal estación da localidade que tamén conta cun apeadoiro chamado Tolosa-Centro.

Estación de Tolosa

Tipoestación de ferrocarril Editar o valor en Wikidata
Parte deMedia Distancia Renfe e Proximidades Renfe San Sebastián Editar o valor en Wikidata
Uso(s)en funcionamento Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°08′08″N 2°04′45″O / 43.135546, -2.079138
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaGuipúscoa
ConcelloTolosa Editar o valor en Wikidata
Datas
Inauguración1863 Editar o valor en Wikidata
Transporte
Código de estación ferroviaria11500 Editar o valor en Wikidata
Liña de trenMadrid–Hendaya railway line (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Servizo de conexiónAlvia, Intercity e C-1 line (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
PropietarioAdif Editar o valor en Wikidata
OperadorRenfe Operadora Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Dispón de servizos de Longa e Media Distancia operados por Renfe, ademais de formar parte da única liña existente da rede de Proximidades Renfe Donostia.

Situación ferroviaria

editar

A estación atópase no punto quilométrico 596,907 da liña férrea de ancho ibérico que une Madrid con Hendaia a 80,36 metros de altitude.[1] O tramo é de vía dobre e está electrificado.

Historia

editar

A estación foi inaugurada o 1 de setembro de 1863 coa posta en marcha do tramo Beasain-Donostia da liña radial Madrid-Hendaia.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España, que mantivo a súa titularidade ata que en 1941 foi nacionalizada e integrada na recentemente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios

editar

Longa distancia

editar

Actualizado a 26 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observación
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido

Media distancia

editar

Actualizado a 26 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino Destino/Orixe
  MD
Intercity
Irún Madrid-Chamartín
25 MD Irún Vitoria
Miranda de Ebro

Proximidades

editar

É unha das estacións do núcleo de proximidades Renfe Donostia, pola que pasa a única liña deste núcleo.

<< cabeceira < estación liña estación > cabeceira >>
Irún Tolosa-Erdia   Alegia Brinkola
  1. Tolosa (Est.) Euroferroviarios
  2. Caminos de Hierro del Norte de España Arquivado 02 de xullo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar