Estación de Altsasu
A estación de Altsasu é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Altsasu, en Navarra. É a principal estación do municipio e un importante nó ferroviario da rede. Dispón de servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Cumpre tamén funcións loxísticas.
Altsasu | |
---|---|
Situación | Altsasu |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Intercity |
Media distancia | Intercity, MD |
Situación ferroviaria
editarÉ unha estación de bifurcación situada a 533,83 metros de altitude, que forma parte das seguintes liñas férreas:
- Liña férrea de ancho ibérico Madrid-Hendaia, punto quilométrico 535,470.[1]
- Liña férrea de ancho ibérico Castejón-Altsasu, punto quilométrico 232,949.[1]
Historia
editarA estación foi inaugurada o 20 de agosto de 1864 coa posta en marcha do tramo Olazti-Beasain da liña radial Madrid-Hendaia. A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España. Norte fíxose tamén o 12 de marzo de 1878 coa Compañía do Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona e Barcelona asumindo así a xestión da outra liña que chegaba a Altsasu, a Zaragoza-Altsasu vía Pamplona. En 1941 a compañía foi nacionalizada e integrada na recentemente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
editarAtópase ao oeste da localidade. Como outras estaciones nó o edificio de viaxeiros parece unha illa atrapada entre a considerable praia de vías que se estende a cada un dos seus costados.[2] En total dúas plataformas laterais e dúas centrais dan acceso a seis vías (vías 1, 2, 3, 12, 14 e 16). O resto, as vías 5, 7, 9, 11, 13 e 15 por unha banda e 18, 20, 22, 24, 26, 28, 30 polo outro, son vías de apartado ou con funcións loxísticas usadas frecuentemente por trens de mercadorías. Completan a praia outras sete vías máis que son vías mortas.
Servizos ferroviarios
editarLonga distancia
editarActualizado a 26 de xuño de 2016.
Tren | Orixe | Paradas intermedias | Destino | Observacións |
---|---|---|---|---|
Alvia | Madrid-Chamartín | Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · Irún | Hendaia | 2 trens diarios por sentido |
Intercity | Hendaia | Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela | A Coruña | 1 tren diario por sentido |
Media distancia
editarActualizado a 26 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
---|---|---|---|---|
Intercity | Irún | Madrid-Chamartín | ||
25 | MD | Irún | Vitoria Miranda de Ebro |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Alsasua (Est.) Euroferroviarios
- ↑ Información técnica Arquivado 07 de agosto de 2016 en Wayback Machine. Adif
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Altsasu |
- Información na páxina web de Adif Arquivado 07 de agosto de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)