Estación de Altsasu-Pueblo
A estación de Altsasu-Pueblo é un apeadoiro ferroviario de Adif situado na localidade de Altsasu, en Navarra. É a segunda estación do municipio, por detrás da estación de Altsasu. Dispón de servizos de media distancia operados por Renfe.
Estación de Altsasu-Pueblo | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade foral | Navarra | |||
Concello | Altsasu ![]() | |||
Datas | ||||
Inauguración | 1865 ![]() | |||
Transporte | ||||
Código de estación ferroviaria | 80001 ![]() | |||
Número de plataformas | 1 ![]() | |||
Liña de tren | Castejón-Alsasua railway line (en) ![]() ![]() | |||
Servizo de conexión | Rexional Exprés ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Adif ![]() | |||
Operador | Renfe Operadora ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 231,4 da liña férrea Castejón-Altsasu a 520 metros de altitude.[1]
Historia
editarA estación foi aberta ao tráfico o 22 de xuño de 1865 coa apertura do tramo Irurzun-Altsasu da liña férrea que pretendía unir Zaragoza con Navarra por parte da Compañía do Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona.[2] Esta última non tardaría en unirse coa compañía do ferrocarril de Zaragoza a Barcelona dando lugar á compañía dos Ferrocarrís de Zaragoza a Pamplona e Barcelona.[3] O 1 de abril de 1878 a súa mala situación económica forzouna a aceptar unha fusión con Norte.[3] En 1941 a compañía foi nacionalizada e integrada na recentemente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios
editarMedia distancia
editarActualizado a 26 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
---|---|---|---|---|
26 | Rexional Exprés | Vitoria | Pamplona Castejón de Ebro |
Notas
editar- ↑ Alsasua-Pueblo (Apd.) Euroferroviarios
- ↑ Memoria de Obras Públicas 1884
- ↑ 3,0 3,1 Zaragoza á Pamplona y Alsasua spanishrailway
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Información na páxina web de Adif Arquivado 07 de agosto de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)