Campo Grande de Valladolid

(Redirección desde «Parque do Campo Grande»)

Coordenadas: 41°38′45″N 4°43′51″O / 41.64583333, -4.73083333

O Campo Grande é un gran parque público situado en pleno centro da cidade de Valladolid. Ten forma triangular, ten 115.000 m² (11,5 ha) de superficie e está limitado pola Acera de Recoletos, o Paseo de los Filipinos e o Paseo de Zorrilla.[1] O seu acceso principal atópase na Plaza de Zorrilla, onde xunto a unha gran porta de factura moderna áchase un escudo floral da cidade. O parque atópase pechado en todo o seu perímetro por un sinxelo enreixado que corre entre pilastras, con portas en todos os seus lados.

Interior do parque

A súa orixe como parque ou, máis especificamente, como zona axardinada, remóntase a 1787, aínda que xa desde o século XV hai que consideralo como un espazo urbano de grande importancia.[2] Un aspecto notable do parque é a abundante poboación avícola, con especies como pavos reais, faisáns e pombas. Ten unha gran variedade de árbores que constitúen un verdadeiro xardín botánico.

Nalgúns momentos da súa historia denominouse Campo da Verdade e posteriormente Campo de Marte pero finalmente consolidouse como Campo Grande.

Notas editar

  1. Dato de superficie de Asómate a Valladolid Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
  2. Durán Montero, María Antonia, La Alameda de los Descalzos de Lima y su relación con las de Hércules de Sevilla y la del Prado de Valladolid; Sevilla (Sevilla : Imprenta E.E.H.A.) [s.n.], 1984. Albardonedo Freire, Antonio, El urbanismo de Sevilla durante el reinado de Felipe II. Sevilla : Guadalquivir, 2002, pp. 191-208

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar