Acera de Recoletos
Coordenadas: 41°38′47″N 4°43′41″O / 41.64638889, -4.72805556
A Acera de Recoletos é unha das principais vías da cidade de Valladolid. Aínda que no rueiro oficial figure como rúa, é, en realidade, un paseo cunha ancha e única beirarrúa e a súa correspondente calzada que comeza na Plaza de Zorrilla, termina na Plaza de Colón e está delimitada, ao longo de todo o seu trazado, polo Parque do Campo Grande.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c6/Valladolid%2C_Espa%C3%B1a.-_Casa_Mantilla_%281891%29.jpg/250px-Valladolid%2C_Espa%C3%B1a.-_Casa_Mantilla_%281891%29.jpg)
Nela atópanse edificios destacables como a Casa Mantilla e a Casa do Príncipe. Antigamente houbo outras construcións na rúa, hoxe en día desaparecidas, como os conventos dos Agostiños Recoletos, de Xesús e María e do Corpus Christi.