Estación de Vigo-Guixar
A Estación de Vigo-Guixar é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Vigo. Ten servizos de longa e media distancia, mentres que os servizos de alta velocidade chegan á estación de Vigo-Urzáiz.
Vigo-Guixar | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estación de ferrocarril e estación en superficie ![]() | |||
Estado de uso | en funcionamento ![]() | |||
Instalacións | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | Renfe Operadora ![]() | |||
Propietario/a | Adif ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 27 de agosto de 2011 ![]() | |||
Inauguración | 27 de agosto de 2011 ![]() | |||
Transporte | ||||
Servizo de conexión | Alvia, Trenhotel, Arco, Renfe, Intercity e Celta ![]() | |||
Código de estación | 22308 ![]() | |||
Estación adxacente | estación de Redondela ![]() | |||
Liñas ferroviarias | Liña Monforte de Lemos - Vigo ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Vigo ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Historia
editarSituada na rúa Areal do lugar de Guixar (parroquia histórica de Teis), tradicionalmente destinouse ó tráfico de mercadorías da zona portuaria da cidade. Foi reconstruída para acoller tráfico de pasaxeiros por mor do desmantelamento da Estación de Vigo-Urzáiz. Nesta última edificouse unha nova estación que acolle, entre outros, os servizos de alta velocidade.
As obras para a súa construción iniciáronse en marzo de 2010[1] e concluíron pouco máis dun ano despois en agosto do 2011. A estación inaugurouse o 27 de agosto de 2011.[2] O orzamento inicial de 11 millóns de euros acabou alcanzando os 17,5 millóns de euros unha vez rematada a obra.[2]
Aínda que inicialmente se proxectou como unha estación provisional mentres duraran as obras da principal estación da cidade, a de Urzáiz, finalmente optouse por manter as dúas estacións, unha para trens de vía convencional e a outra para servizos de alta velocidade maioritariamente.[3]
Servizos ferroviarios
editarLonga Distancia
editarActualizados a 10 de xuño de 2016.
Media distancia
editarActualizados a 10 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
1 | MD | A Coruña Santiago de Compostela Pontevedra |
Vigo-Guixar | |
3 | Rexional Exprés Rexional Internacional |
Porto-Campanhã | Vigo-Guixar | |
6 | Rexional Exprés | León Ponferrada Ourense-Empalme |
<> | Vigo-Guixar |
Notas
editar- ↑ A estación provisional de Guixar comeza a tomar forma coa cimentación Faro de Vigo
- ↑ 2,0 2,1 O Ministro de Fomento pon en servizo a nova estación de Vigo-Guixar Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ Urzaiz, rápido; Guixar, lento La Voz de Galicia
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Vigo-Guixar |
Outros artigos
editar- Antiga estación de Vigo
- Estación de Vigo-Urzáiz
- Lista de estacións de tren de Galicia
- Galería de imaxes de estacións de tren en Galicia