Estación de Bobadilla
A estación de Bobadilla é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Bobadilla, no municipio de Antequera, na provincia de Málaga, comunidade autónoma de Andalucía. É un importante nó ferroviario da rede no que conflúen tres trazados. Conta con servizos de media distancia operados por Renfe. Cumpre tamén funcións loxísticas.
Bobadilla | |
---|---|
![]() | |
Situación | Antequera |
Servizos | ![]() |
Liñas | |
Longa Distancia | Altaria |
Media distancia | MD |
A súa estación homóloga para servizos de alta velocidade é a estación de Antequera-Santa Ana.
Situación ferroviaria
editarDebido á súa situación xeográfica en pleno corazón de Andalucía a estación foi paso durante moito tempo paso obrigado das conexións cara á Costa do Sol, cara ao centro peninsular vía Córdoba e dos enlaces transversais entre o oeste e o leste de Andalucía. Máis concretamente Bobadilla forma parte das seguintes liñas férreas de ancho ibérico:
- Liña férrea 420 entre Bobadilla e Alxeciras. pk 0,0.
- Liña férrea 426 entre Fuente de Piedra e Granada, pk 3,3. Este trazado dispón dunha variante que evita o paso por Bobadilla.
- Liña férrea 430 entre Córdoba e Málaga, pk 123,1.
Todos os trazados son de vía única sen electrificar a excepción do que une Córdoba con Málaga que si dispón de electrificación.
Servizos
editarLonga distancia
editarNesta estación efectuaban parada, ata a súa supresión, os Alaris que unían Barcelona con Málaga e o tren Estrella Málaga-Bilbao, que nos seus últimos anos circulaba principalmente en época festiva. Actualmente esas relacións cóbrenas trens que circulan polas liñas de alta velocidade.
Media distancia
editarO tráfico ferroviario de viaxeiros da estación fórmano os trens de media distancia. Bobadilla permite conexións directas con Sevilla, Málaga, Granada e Alxeciras. Ata o verán de 2013 tamén estaba enlazada con Córdoba vía Puente Genil, ata que a liña foi suprimida. A frecuencia dos trens é relativamente alta, especialmente entre Sevilla e Málaga.
Liña | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
---|---|---|---|---|
67 | MD | Sevilla-Santa Justa | Málaga-María Zambrano | |
70 | MD | Granada | Alxeciras |
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Información sobre a estación na páxina de Adif Arquivado 22 de decembro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)