Abrir o menú principal

Estación de Lugo

Coordenadas: 43°00′55″N 07°33′08″O / 43.01528, -7.55222

Lugo
Estación de Lugo Renfe Galiza Spain.jpg
Estación de Lugo.
SituaciónPraza do Conde Fontao s/n 27003 Lugo
ServizosAparcadoiro Restauración Venda de Billetes
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Media distanciaMD
Intermodalidade
OutrosTaxi

A estación de Lugo é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Lugo. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviariaEditar

A estación atópase no punto quilométrico 432,1 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Rábade e Laxosa. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

HistoriaEditar

O ferrocarril chegou a Lugo o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea entre Palencia e A Coruña por parte da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León que tivo que embarcarse nunhas obras de gran complexidade debido á orografía do terreo nalgunhas zonas.[2] En 1885, a mala situación económica da empresa concesionaria obrigoulle a fusionarse coa potente Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España. En 1941, Norte foi nacionalizada e integrada na recentemente creada RENFE quen xestionou a estación ata a súa separación en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

O 4 de agosto de 2010, Fomento, o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia asinaron un acordo para a construción da nova estación intermodal de Lugo que integrará tren e autobús e que se situará no emprazamento da actual estación de tren.[3] A obra abrirá as portas á chegada do AVE á cidade. O 29 de abril de 2011 Fomento aprobou un anteproxecto de estación con forma de ponte presentada por Eptisa Servicios de Ingeniería, Junquera Arquitectos e Calter Ingeniería.[4] Unha vez asinado o contrato o prazo de execución será de 27 meses.

A estaciónEditar

O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos de planta alongada e rectangular que loce un aspecto clásico. Sitúase no centro da cidade preto da muralla romana e da zona vella. Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central ás que acceden tres vías. Outras catro vías completan as instalacións. Os cambios de plataforma realízanse grazas a un paso subterráneo. Recentemente adaptouse a estación para persoas minusválidas subindo a altura das plataformas para que estas persoas poidan subir facilmente aos trens. Construíronse dous ascensores que se comunican co paso subterráneo para ser usados para equipaxes, carriños de bebés e persoas minusválidas.

Dispón de venda de billetes, atención ao cliente, aseos e cafetería. Todo o recinto está equipado con servizos adaptados para as persoas con minusvalía. No exterior existe un aparcadoiro situado enfronte do edificio, unha parada de taxi e outra de autobuses urbanos.

Servizos ferroviariosEditar

NotasEditar

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
  2. Palencia á La Coruña (Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 12 de outubro de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway
  3. Fomento, Concello e Xunta rubrican o acordo pola estación de Lugo
  4. Uz, Carmen (29 de abril de 2011). "Fomento propón unha estación-ponte sobre a vía do tren en Paradai". El Progreso. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2012. Consultado o 29 de abril de 2011. 

Véxase taménEditar