Estación de Laxosa
estación de ferrocarril en Laxosa, O Corgo
Coordenadas: 42°57′28″N 7°28′54″O / 42.95776365395, -7.4816307270715
Laxosa é un apeadoiro de Adif, situado en Laxosa, no concello do Corgo, provincia de Lugo. Actualmente non presta servizos de pasaxeiros.
Laxosa | |
---|---|
Situación | O Corgo |
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 421,5 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións da Pobra de San Xiao e de Lugo. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
editarA estación foi aberta ao tráfico o 2 de agosto de 1878 coa posta en marcha do tramo Sarria-Lugo da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña por parte do Estado.[2]
A estación
editarO edificio para viaxeiros é de base rectangular e dúas alturas. Dispón de dúas vías, unha pasante e outra lateral á que se accede dende unha plataforma lateral.
Notas
editar- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
- ↑ Cronoloxía básica do ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles
- ↑ Os trens rexionais de Renfe non paran en cinco estacións aínda que haxa pasaxeiros
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Información sobre saídas e chegadas na web de Adif Arquivado 03 de abril de 2018 en Wayback Machine.