Estación da Gudiña
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Coordenadas: 42°03′39″N 7°07′57″O / 42.0608, -7.1325
A Gudiña é unha estación de tren de Adif, situada na vila da Gudiña, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa distancia e ata 2013 tiña tamén servizos de media distancia.
A Gudiña | |
---|---|
![]() | |
Situación | A Gudiña |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Trenhotel |
Situación ferroviaria editar
A estación atópase no punto quilométrico 156,637 da liña férrea de ancho convencional que une Zamora coa Coruña vía Ourense, a 978 metros de altitude. Está entre as estacións da Mezquita-A Vilavella e Vilariño de Conso-A Capela. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia editar
A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias". É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña. A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os seus servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[1]
A estación editar
Como moitas das estacións deste tramo a estación foi edificada en pedra. Posúe dous pisos e tellado de varias vertentes de tella. A planta baixa conta cunha galería que adornan tres arcos. Dispón de dúas plataformas, un lateral e outro central, ao que acceden tres vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel. Máis vías completan o recinto.
Servizos editar
Longa distancia editar
Actualizados a 6 de xuño de 2016.
Notas editar
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Información de chegadas e saídas na web de Adif Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine.