Porto de Payares
porto de montaña en Asturias
Coordenadas: 42°59′34″N 5°45′34″O / 42.992745, -5.759508
O porto de Payares[1] (en asturiano: puertu de Payares) é un porto de montaña que foi tradicionalmente a principal vía de transporte entre Asturias e a Meseta Central, ata a construción da autoestrada AP-66. Cunha altitude de 1.378 metros, é coñecido polas nevadas que recibe no inverno, as súas néboas nas noites de verán, as súas pendentes que chegan ata o 17% oficialmente e pola próxima estación de esquí, Valgrande-Pajares.

Tanto a estrada N-630 como as vías de ferrocarril aproveitan o mesmo paso natural, seguindo os vales do río Payares na vertente asturiana e do río Bernesga na leonesa.
Notas editar
- ↑ "Topónimos oficiais do concello de Ḷḷena" (PDF). sede.asturias.es. Consultado o 6 de agosto de 2021.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porto de Payares |