Río Bernesga
O Bernesga é un río que corre exclusivamente na provincia de León, no noroeste de España. É un afluente do río Esla, pola súa beira dereita, que á súa vez o é do río Douro.
Bernesga | |
---|---|
![]() | |
País | España |
Nacemento | Porto de Payares |
Lonxitude | 76,8 km |
Conca | 1.162 km² |
Desembocadura | Río Esla (conca do Douro) |

Percorrido Editar
O Bernesga nace no porto de Payares, case nos límites con Asturias. Corre logo en direccións sur, atravesando varias localidades leonesas como a Pola de Gordón, La Robla e a mesma capital provincial, León, onde se lle xunta o río Torío.
Logo de 76,8 km de percorrido rende as súas augas ao Esla, pola dereita deste, na localidade de Vega de Infanzones.
Afluentes Editar
Os principais tributarios do Bernesga son:
A conca do Bernesga abrangue 1.162 km².
Réxime Editar
O Bernesga é un río de réxime nivo-pluvial. A baixa de caudal na estiaxe é bastante acusada.