Estación de Guitiriz

Guitiriz é unha estación de tren de Adif situada na vila de Guitiriz, na provincia de Lugo. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Guitiriz
SituaciónGuitiriz
Liñas
Longa DistanciaTrenhotel
Media distanciaMD

Situación ferroviaria

editar

A estación atópase no punto quilométrico 473,3 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Parga e Teixeiro. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

editar

A estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.[3] Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

editar

O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. Sitúase no sur do núcleo urbano de Guitiriz. Recentemente foi reformada exteriormente. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden as dúas vías existentes na estación.

Servizos ferroviarios

editar

Longa distancia

editar

Actualizado a 1 de xaneiro de 2020.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido

Media distancia

editar

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos
Ourense-Empalme
  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
  2. Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles
  3. Asturias á Galicia y León (A.G.L.) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España Arquivado 29 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar