Estación de Redondela

estación de ferrocarril de Redondela

Coordenadas: 42°17′10″N 8°37′10″O / 42.28617, -8.61941

A estación de Redondela, coñecida anteriormente como Redondela de Galicia, é unha das tres estacións de tren de Adif na cidade de Redondela, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia.

Redondela
SituaciónRedondela
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Intercity, Trenhotel
Media distanciaIntercity, MD, Rexional Exprés, Tren Celta

Situación ferroviaria editar

Redondela está situada no punto quilométrico 166,8 da liña férrea de ancho convencional que une Monforte de Lemos con Redondela. Ademais, é o quilómetro cero da liña férrea de ancho convencional que une Redondela con Santiago de Compostela.[1] O primeiro tramo é de vía única electrificada mentres que o segundo é de vía única sen electrificar.

Historia editar

A estación foi inaugurada o 17 de marzo de 1878 coa apertura do tramo Guillarei-Vigo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2] A compañía encargada das obras foi MZOV. En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[2] En 1941, Oeste integraríase como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación editar

 
Tren de mercadorías estacionado en 2009 na estación.

A estación atópase a oeste do núcleo urbano de Redondela, na avenida da Estación. O edificio para viaxeiros ten unhas dimensións notables. Articúlase sobre un corpo central de dúas plantas que acompañan dúas ás laterais de igual altura. Ata 26 vans adintelados adornan as súas respectivas fachadas. Na parte máis alta un frontón que remata un elemento triangular loce un reloxo analóxico. No seu interior conta cun amplo vestíbulo, sala de espera, venda de billetes e aseos. Está ademais habilitada para persoas con discapacidade.

Na zona de vías a estación dispón de tres plataformas lixeiramente curvadas, unha lateral e outras dúas centrais. Todas están cubertas parcialmente con marquesiñas a excepción da plataforma central máis afastada do edificio principal. A distribución de vías segue o seguinte esquema: p-v-v-p-v-p-v-v-v. A estas seis vías principais hai que unirlle varias vías de apartado que conclúen en diversas topeiras situadas nos laterais do edificio para viaxeiros.

Tren Celta saíndo da estación de Redondela

Servizos ferroviarios editar

Longa Distancia editar

Actualizados a 10 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren semanal por sentido
Intercity Bilbao-Abando Laudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido
Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido

Media distancia editar

Actualizados a 10 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
  Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
1 MD A Coruña
Pontevedra
Santiago de Compostela
Vigo-Guixar
3 Rexional Exprés
Rexional Internacional
Porto-Campanhã Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
Ourense-Empalme
<> Vigo-Guixar

Notas editar

  1. Red ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 Medina del Campo a Zamora y Orense a Vigo - MZOV Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar