Estación de Zaragoza-Portillo

A estación de Zaragoza–Portillo é unha estación de tren subterránea de Adif situada na cidade de Zaragoza. Foi inaugurada en 2008 nunha parte dos terreos da histórica estación de Campo Sepulcro, principal estación da cidade ata a apertura de Zaragoza-Delicias. A antiga estación fora construída por MZA en 1864 e foi rebautizada por Renfe como Zaragoza-El Portillo en 1973.

Zaragoza–Portillo
SituaciónZaragoza
Liñas
Media distanciaMD, Intercity, Rexional, Rexional Exprés
CercaníasProximidades Zaragoza

Está integrada na liña C-1 de Proximidades Zaragoza e rexistra tráfico de trens de Media Distancia.

Situación ferroviaria

editar

A estación forma parte da liña férrea de ancho ibérico que une Madrid con Barcelona vía Zaragoza, punto quilométrico 340,9.[1]

Historia

editar

A apertura da liña Zaragoza-Madrid por parte de MZA o 25 de maio de 1863 supuxo a inauguración da estación de Campo Sepulcro, recinto provisional que acolleu os primeiros viaxeiros da liña.[2]

A construción do Ponte da Almozara permitiu a súa conexión coa marxe esquerda do Ebro e a Estación do Norte, ruta aberta en 1870, o que posibilitou conectar a través de Zaragoza as liñas Madrid-Barcelona e Barcelona-Altsasu.

As dúbidas de se a estación tería carácter terminal ou pasante así como problemas para obter os terreos necesarios dilataron a súa construción definitiva ata 1891 momento no cal a fusión entre MZA e a Compañía do Ferrocarril de Tarragona a Barcelona e Francia (TBF) despexou as dúbidas sobre o carácter pasante da estación.[2] En 1896 púidose finalmente inaugurar a estación definitiva coa súa longa fachada de 144 metros de lonxitude dividida nun pavillón central, dous pavillóns nos extremos e dúas ás conectando todos estes elementos.[2]

En 1967, tras o peche das antigas estacións contiguas de Cariñena, Utrillas e Caminreal pasou a ser a principal estación da cidade. En 1973, RENFE procedeu á súa ampliación e reforma modificando substancialmente o seu aspecto inicial e cambiando a súa denominación pola de Zaragoza-El Portillo ata que en 2003 foi substituída pola nova e maior Estación de Zaragoza-Delicias.

En 2008, en terreos da antiga estación inaugurouse a nova estación subterránea de Zaragoza-Portillo, na cal prestan servizos de Media Distancia e o Proximidades Zaragoza.

Servizos ferroviarios

editar

Media distancia

editar

Actualizado a 21 de xaneiro de 2017.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
  Intercity València-Nord
Cartaxena
Zaragoza-Miraflores
  Rexional Exprés Madrid-Chamartín Barcelona-Estació de França
  Rexional Exprés Burgos Zaragoza-Miraflores
  Rexional Exprés Logroño
Castejón de Ebro
Zaragoza-Miraflores
Zaragoza-Delicias
  Rexional Madrid-Chamartín
Arcos de Jalón
Calatayud
Zaragoza-Miraflores
34 Rexional Móra la Nova Zaragoza-Delicias
49 Rexional Teruel Zaragoza-Miraflores
56 Rexional Jaca
Canfranc
Zaragoza-Delicias

Proximidades

editar

A estación forma parte da liña C-1 da rede de Proximidades Zaragoza operada por Renfe.

  1. Ministerio de Fomento. "Rede ferroviaria española" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 9 de decembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Madrid a Zaragoza Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishraiway

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar