Estación de Teruel

Coordenadas: 40°20′28″N 1°06′38″O / 40.34111, -1.11056

A estación de Teruel é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Teruel, en Aragón. Ten servizos de media Distancia operados por Renfe. Dispón tamén de instalacións loxísticas usadas polos trens de mercadorías.[1]

Teruel
Estación de Teruel 2006.jpg
A estación en 2006.
SituaciónTeruel
ServizosAseos Servizos adaptados Aparcadoiro
Liñas
Media distanciaTRD, Intercity

Situación ferroviariaEditar

Está situada no punto quilométrico 132,2 da liña 610 de ancho ibérico da rede ferroviaria española que une Zaragoza con Sagunt por Teruel,[2] entre as estacións de Cella e de Puerto Escandón. A quilometraxe correspóndese co histórico trazado entre Calatayud e Valencia tomando a primeira como punto de partida. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

HistoriaEditar

O ferrocarril chegou a Teruel o 1 de abril de 1901 coa apertura do tramo Calatayud-Puerto Escandón da liña que pretendía unir Calatayud con Valencia.[3] As obras correron a cargo da Compañía del Ferrocarril Central de Aragón.[4] En 1941, coa nacionalización da totalidade da rede ferroviaria a estación pasou a ser xestionada por Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Adif é a titular das instalacións.

A estaciónEditar

 
A locomotora diésel-eléctrica 333.107 de Renfe na estación de Teruel.

Está situada ao oeste do centro urbano ao final do camiño da Estación. A pesar de transcorrer máis dun século desde a inauguración do recinto o edificio para viaxeiros segue conservando sen apenas modificacións relevantes o aspecto que mostraba outrora. É de planta rectangular e dúas alturas cun tellado de catro vertentes cubrindo a estrutura. O material predominante é o ladrillo visto. Todo o conxunto é dunha extrema sobriedade, con vans adintelados e sen elementos decorativos remarcables.

A estación ten dúas plataformas, unha lateral cuberta á que accede a vía 1 e unha central sen cubrir, aínda que sí dispón dun refuxio, á que acceden as vías 3 e 5.[1] En paralelo ás mencionadas e sen plataforma está a vía 7 que dispón dunha derivación da que nacen as vías 11, 13, 15 e 17.[1] Pola súa banda as vías 2, 4, 6, 8 e 10 finalizan na proximidade do edificio principal sendo a vía 10 a máis afastada delas. As instalacións complétanse con almacéns, peiraos, dúas cocheiras e diversas construcións anexas.

Dispón de sala de espera, venda de billetes, aseos, puntos informativos e un aparcadoiro exterior.

Servizos ferroviariosEditar

Media distanciaEditar

Actualizados a 8 de xullo de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
' Intercity Zaragoza-Delicias Cartaxena
Intercity Huesca Valencia-Estació del Nord
49 TRD Zaragoza-Delicias
Zaragoza-Goya
Teruel
49 TRD Valencia-Estació del Nord Teruel

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Teruel Adif
  2. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  3. Cronoloxía básica do ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles
  4. Ferrocarril Central Aragón Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar