Liña León - A Coruña
A liña León-A Coruña, tamén coñecida historicamente como a liña Palencia-A Coruña,[1][2] é unha liña de ferrocarril de 428,2 quilómetros de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. Une a Meseta con Galicia polo leste percorrendo as provincias de León, Ourense, Lugo e A Coruña. Seguindo a catalogación de Adif é a liña 06-800.[3]
Características
editarSegundo a Declaración da Rede de Adif na súa actualización de 2013,[4] a liña está electrificada a 3 kV de corrente continua mediante fío aéreo entre León e Monforte de Lemos, así como a 25 kV de corrente alterna na estación da Coruña, e é de vía única.
No referente á sinalización, toda a liña está dotada de Control de Tráfico Centralizado (CTC), con Bloqueo Automático de Vía Única (BAU) entre León e Monforte de Lemos e Bloqueo de Liberación Automática en vía única (BLAU) entre Monforte de Lemos e A Coruña.
Servizos ferroviarios
editarViaxeiros
editarA liña é usada tanto por trens de Longa como de Media distancia operados por Renfe Operadora. Os servizos están distribuídos en dous tramos ben diferenciados. O tramo de León a Monforte de Lemos é utilizado polos seguintes trens:
- Alvia Barcelona - A Coruña/Vigo
- Intercity Camiño de Santiago A Coruña/Vigo - Bilbao/Irún
- Trenhotel Galicia Barcelona - A Coruña/Vigo
- Trenhotel Atlántico Madrid - Ferrol
- Rexional Expres León - Vigo
- Intercity Madrid - Vigo
- Intercity Madrid - Ponferrada (Só entre León e Ponferrada)
O tramo entre Monforte de Lemos e A Coruña úsano:
- A rama coruñesa do Trenhotel Galicia
- Trenhotel Atlántico Madrid - Ferrol (entre Monforte e Betanzos-Infesta)
- Alvia Madrid - Ferrol (entre Monforte e Betanzos-Infesta)
- MD A Coruña - Monforte de Lemos
- MD A Coruña - Ferrol (entre A Coruña e Betanzos-Infesta)
Notas
editar- ↑ Pedrosa Sanz 1987, p. 66.
- ↑ Conqueiro 1980, p. 423.
- ↑ "Rede ferroviaria española" (PDF). Ministerio de Fomento. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 2 de xuño de 2013.
- ↑ "Declaración de Rede de Adif 2013" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de outubro de 2010. Consultado o 17 de xuño de 2015.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Casares Alonso, Aníbal (1973). Estudio histórico-económico de las construcciones ferroviarias españolas en el s. XIX (en castelán). Madrid: Escuela Nacional de Administración Pública.
- Cunqueiro, Álvaro (1980). Vigo en su historia (en castelán). Vigo: Caja de Ahorros Municipal de Vigo.
- García Raya, Joaquín (2006). "Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha" (PDF). IV Congreso Historia Ferroviaria: Málaga, septiembre de 2006 (en castelán) (Consejería de Obras Públicas y Transportes de la Junta de Andalucía).
- Pedrosa Sanz, Rosario (1987). Capital extranjero en la industria de Castilla y León (en castelán). Universidade de Valladolid.
- Rodríguez Lázaro, Javier (2000). Los primeros ferrocarriles (en castelán). Madrid: Ediciones Akal.
- Wais, Francisco (1974). Historia de los Ferrocarriles Españoles (en castelán). Madrid: Editora Nacional.
- Wolmar, Christian (2019). A Short History of Trains (en inglés). Londres: Dorling Kinderley.