Afonso XII de España
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2010.) |
Afonso XII, alcumado O Pacificador, nado en Madrid o 28 de novembro de 1857 e finado en El Pardo (Madrid) o 25 de novembro de 1885, foi rei de España entre 1875 e 1885.
Afonso XII de España | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Alfonso Francisco de Asís Fernando Pío Juan María de la Concepción Gregorio Pelayo de Borbón y Borbón |
Nacemento | 28 de novembro de 1857 |
Lugar de nacemento | Madrid e Palacio Real de Madrid |
Falecemento | 25 de novembro de 1885 |
Lugar de falecemento | Palacio Real de El Pardo |
Causa | tuberculose e Disentería |
Soterrado | Cripta Real do Mosteiro do Escorial |
Nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Collège Stanislas (París), Royal Military College, Sandhurst, Theresian Military Academy e Theresianum |
Ocupación | monarca |
Pai | Francisco de Asís de Borbón |
Nai | Isabel II de España |
Cónxuxe | María de las Mercedes de Orleans e María Cristina de Habsburgo-Lorena |
Fillos | María de las Mercedes de Borbón y Habsburgo-Lorena, Afonso XIII de España, Alfonso Sanz y Martínez de Arrizala, Fernand Sanz e María Teresa de Borbón |
Irmáns | Fernando Francisco de Bourbon, Maria de Pilar, Infanta de Espanha, Isabel de Borbón y Borbón, Eulália, Maria da Paz, Infanta de Espanha, Maria da Conceição de Bourbon e Infante Francis of Assisi Leopold of Spain |
Premios | Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Ordem de Santo André, Gran cruz da Lexión de Honor, Knight of the Garter, Ordem do Serafim, Ordem da Anunciação, Knight Grand Cross of the Order of Saints Maurice and Lazarus, Knight grand cross of the order of the crown of Italy, Royal Order of Kamehameha I, Ordem de Santo Alexandre Nevsky, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Grão-Mestre da Ordem de Santiago, Grand Master of the Order of the Golden Fleece, illustrious son e Knight Grand Cross in the Order of the Netherlands Lion |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Era fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apuntan a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.
TraxectoriaEditar
Sendo aínda un neno os seus pais foron destronados pola revolución de 1868, "La Gloriosa", e foron obrigados a exiliarse, polo que se educou en diversas cidades europeas como París, Viena etc. A súa nai renunciou ao seu cargo como raíña en favor do seu fillo, nun documento que firmou en París en 1870. Nestes anos sucedéronse varios gobernos provisionais (1868-70), o reinado de Amadeu I de Savoia e a Primeira República española (1873-1874). Esta foi liquidada polo xeneral Pavía, e grazas a isto, abriuse un período de gobernos provisionais. Durante esta etapa histórica (sexenio Revolucionario).
O 1 de decembro, Afonso fixo público un manifesto (Manifesto de Sandhurst), presentándose aos españois como príncipe católico, español, constitucional e desexoso de servilos. O 29 de decembro de 1874 prodúcese a restauración da monarquía en España. Naquel momento, o xefe do estado era o xeneral Serrano, imposto a raíz do golpe de estado do xeneral Manuel Pavía que supuxera a caída da Primeira República. O xefe de goberno provisional era Práxedes Mateo Sagasta.
En xaneiro de 1875 chegou a España e foi proclamado rei perante as Cortes Españolas. O seu reinado consistiu en restaurar a monarquía e o país arranxando as disputas internas, adquirindo así o seu alcume de "Pacificador".
Un ano máis tarde, en 1876, aprobouse a nova Constitución. Durante ese ano rematou a terceira guerra carlista.
Afonso XII realizou en 1883 unha visita oficial a Bélxica, Austria, Alemaña e Francia. Alemaña tratou de ocupar as illas Carolinas, naquel momento baixo dominio español, provocando un incidente entre os dous países que se saldou a favor de España coa sinatura do acordo hispanoalemán en 1885. Ese mesmo ano atopouse un gromo de cólera en Aranjuez.
Pouco despois o rei morreu de tuberculose o día 25 de novembro de 1885 no Palacio del Pardo en Madrid.
MatrimonioEditar
Casou dúas veces, primeiro coa súa curmá, María de las Mercedes de Orleáns, filla dos duques de Montpensier,[1] morrendo esta de tifo uns meses despois de casaren. Despois casa con María Cristina de Habsburgo-Lorena, con quen tivo tres fillos.
FillosEditar
- María de las Mercedes (1880 - 1904), princesa de Asturias.
- María Teresa (1882- 1912), infanta de España.
- Afonso XIII (1886 - 1941), rei de España, naceu tras a morte do seu pai.
NotasEditar
- ↑ Comellas García-Llera, José Luis (2014). Historia de España contemporánea (10ª ed.). RIALP. p. 256. ISBN 978-84-321-4346-5.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Afonso XII de España |
Outros artigosEditar
Predecesor: Ningún (Francisco Serrano, Presidente da República) |
Rei de España 1874 - 1885 |
Sucesor: Afonso XIII |