Ferreira de Pantón, Pantón
Santa María de Ferreira de Pantón é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. Segundo o padrón municipal (INE) en 2012 tiña 609 habitantes (299 homes e 310 mulleres), un máis ca en 2011. A parroquia ten 17 lugares.
Ferreira de Pantón | |
---|---|
![]() Praza do Concello. | |
![]() | |
Concello | Pantón[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°30′40″N 7°37′38″O / 42.511077777778, -7.6272638888889 |
Área | 4,4 km² |
Poboación | 609 hab. (2012) |
Densidade | 138,41 hab./km² |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA igrexa parroquial rematouse de construír en 1796. Anteriormente a igrexa atopábase nun prado preto da aldea do Basillao, e a parroquia chamábase Santa María de Basillao:
Fernando II, xunto co seu fillo Afonso, dá a dona Fronilde e ó mosteiro de Ferreira todo o que tiña no couto de Ferreira, coas igrexas de Santa María de Basillao, San Vicente de Deade, San Martiño de Siós e San Ciprán de Vilamelle[2]Cartas Diplomáticas do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón, 1180
Xeografía
editarLimita coas parroquias pantonesas de Castillón e Moreda polo norte; Pantón polo leste; Siós, Deade e Següín polo sur e Eiré polo leste.[3]
Patrimonio
editarNa parroquia están situados o mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón, o castro de Ferreira e o castelo de Maside.
No lugar de Goián atópase un pazo que pertenceu ao duque de Sagro. O templo parroquial é do século XVIII, decorado con retablos do século XIX. A Casa Consistorial é un edificio señorial de pedra de cantería, do século XVII. Outros edificios notables a destacar son: a Casa da Fonte, Casa de Mazás e a Torre do Mouro.[4]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Pantón.
-
Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón.
Lugares e parroquias
editarLugares de Ferreira de Pantón
editarLugares da parroquia de Ferreira de Pantón no concello de Pantón (Lugo) | |
---|---|
Basillao | As Bouzas | A Capa | Os Castriños | O Castro de Ferreira | O Curro | A Estrada | Goián | Lavandeira | O Mouro | Os Ramos | Santadriao | A Torre | O Valiño | A Vila da Carreira | A Vila do Mato | A Vila do Souto |
Parroquias de Pantón
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Fernández de Viana y Vieites, José Ignacio (1994). Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón. Diputación provincial de Lugo. ISBN 84-8192-061-4.
- ↑ "Mapa da Xunta de Galicia".
- ↑ Rielo Carballo, Isaac (2000). "Pantón, historia e fidalguía". Editorial Compostela. ISBN 84-8064-095-2.